Vimos de recibir a fantástica nova da concesión á profesora galega Mª Gloria de Antonio do premio Samuel Toledano 2008 polo seu libro "Los judios en Galicia (1044-1492)"Lembrar que este prestixioso premio é concedido anualmente e presentado en Xerusalén, levando o nome de Samuel (Sam) Toledano z”l, quen foi un dos renovadores da comunidade xudía en España.O premio é concedido a un investigador de Israel e a outro de España, que traballan sobre temas aos que se dedicou Samuel Toledano:a.-Estudo das comunidades xudías en España e nos países da diáspora sefardí: a súa historia e o seu legado cultural.b.-As relacións entre xudeus, cristians e musulmans en España.c.-As relacións entre España e Israel.O premio está dotado de 15.000 $ para cada un dos dos galardoados.A comisión do Premio está presidida polo Sr. D. Yitzhak Navón, quinto Presidente do Estado de Israel e a compoñen destacados membros do campo académico e personalidades do ámbito público (político, cultural, etc.) israelí así coma representantes da familia Toledano.O xurado está composto por tres membros, que se elixen anualmente pola comision do Premio. Acéptanse orixinais en idioma hebreo, español ou inglés.Desde a Asociación Galega de Amizade con Israel (AGAI) felicitamos á profesora Mª Gloria de Antonio polo merecidísimo recoñecemento.Como curiosidade diremos que en Novembro do pasado ano entregamos persoalmente na Knesset e no Yad Vashem senllos exemplares do libro para que en Israel, Galicia tamén esté presente.Mazel Tov!!Noraboa!!