12/06/08

Balance de actividades desenvolvidas










Durante este primeiro ano e medio de andaina desde AGAI desenvolveuse unha intensa actividade das que cómpre salientar:

1 de decembro de 2006: Audiencia do alcalde ao portavoz da Embaixada de Israel e ao representante da Comisión Xestora de AGAI, Miguel Boó.
12 de decembro: primeiro comunicado de prensa condenando a negación iraní do Holocausto.
5 de xaneiro 2007: Escritos e xestións realizadas cos 3 grupos parlamentares para que aprobaran unha declaración institucional en Memoria das vítimas do Holocausto, o 27 de xaneiro de 2007.
17 de xaneiro: AGAI remite nota de prensa aos medios informativos para informar da súa petición ao Parlamento para que conmemore o Holocausto.
24 de xaneiro. Enviamos aos medios de comunicación unha declaración oficial de AGAI no Día Internacional da Conmemoración do Holocausto.
2 de febreiro. Conferencia do escritor Abraham B.Yehoshua, organizada por AGAI en Santiago, baixo o título “Definido conceptos: xudeu, israelí, sionista”. Edwin Yabo fixo de traductor do hebreo ao español.
20 de febreiro. O vicepresidente de AGAI, D. Anxel Sánchez Seoane, dimite do consello de redacción da revista do Colexio de Avogados diante da actitude xudeófoba que advirte no seu seno ao negarse a publicarlle o artigo “Ni los ejemplos buenos… ou a grande onda de Hokusai” concebido para dar noticia da histórica resolución do Parlamento Galego en memoria das vitimas do Holocausto.
22 de febreiro a 3 de marzo. AGAI inaugura a Exposición “Holocausto. O seu tempo e as súas testemuñas”. Corenta fotos da época colgadas no Círculo Mercantil de Vigo.
2 de marzo. Comunicado de prensa contra a decisión do BNG de expulsar a Pedro Gómez-Valadés.
2 de marzo. Xoan Bernárdez Vilar, socio de AGAI dimite do consello local do BNG en Vigo e abandona a organización, polo proceso inquisitorial seguido contra Gómez-Valadés. Levaba máis dunha década de militancia nacionalista.
13 de marzo. Carta aberta de Abel García López (AGAI), concelleiro do BNG en Neda á executiva, consello nacional e voceiro nacional do BNG, a consecuencia do “Caso Valadés”.
19 de marzo. Rolda de prensa de AGAI en Santiago para denunciar a persecución en toda Galicia de militantes do BNG por ser socios de AGAI.
19 de marzo. Primeiras ameazas nazis contra AGAI e o blog Galiza-Israel, en internet.
20 de marzo. Comunicado de prensa sobre as denuncias dos socios de AGAI que son cargos electos do BNG, contra as presións que están a recibir no seo do BNG.
31 de marzo. Comunicado de prensa de AGAI contra a decisión do BNG de esixir a súa dirección comarcal viguesa que expulse a Pedro G. Valadés.
11 de abril. Conferencia de Josep Carles Laínez na Casa do Libro (Vigo). “Israel como exemplo de nacionalismo europeo”.
21 de abril. En Santiago, xantar de confraternización para celebrar o 59 aniversario da Independencia de Israel.
24 de abril Comunicado de prensa para informar da celebración, por parte de AGAI, do 59 aniversario de Israel aos medios comunicación.
24 de abril. Conferencia de Gustavo D.Perednik sobre “Maniqueísmo e pensamento único no conflito de Oriente Próximo”, organizada por AGAI en A Coruña.
25 de abril. Conferencia de Gustavo D.Perednik sobre “Xudeofobia, antisemitismo e antisionismo”, organizada por AGAI en Santiago.
25 de abril. Conferencia de Gustavo D.Perednik sobre “Da xudeofobia ao antisemitismo: a demonización europea de Israel”, organizada por AGAI en Vigo.
26 de abril. Pedro Gómez-Valadés entrevistase en Madrid coa presidenta en funcións de Israel, Dalia Itzik (Presidenta da Knesset).
11 de maio. O consello escolar do colexio Sobreira, de Valadares (Vigo), a instancias de AGAI, aproba un calendario de actividades para relacionar aos seus alumnos cos dun colexio de Xerusalem, cos que se iniciou unha serie de contactos postais de intercambio de información e de experiencias.
10 de xuño. Comunicado de condena de AGAI das declaracións contra Israel do presidente de Irán.
18 de xuño. Carta do presidente de AGAI ao embaixador de Irán condenando as declaracións de Ahmadineyad.
27 de xuño. Unha delegación de AGAI desprázase a Madrid para participar na concentración de protesta fronte a Embaixada de Irán.
3 de xullo. Conferencia de Alona Fisher-Kamm. Ministra conselleira da Embaixada de Israel, organizada por AGAI en Santiago, baixo o título: “A situación actual en Oriente Próximo: unha visión israelí”.
9 de agosto. Difusión nos medios de comunicación dun comunicado no que se lle pedía a Xunta que xestionara a recuperación da Biblia xudía de Kennicot, transcrita en 1476 por un xudeu coruñés.
14 de agosto. Nota de prensa sobre a viaxe de 25 galegos a Israel, organizada por AGAI. Publicación dunha reportaxe de 3 páxinas no Faro de Vigo sobre a viaxe de AGAI a Israel.
2 de setembro. Unha delegación de AGAI participa no Día Europeo da Cultura Xudaica, coa Comunidade Xudía de Porto.
20 de outubro. Inicio da visita comercial de Israel a Galicia, con entrevistas cos alcaldes de Vigo, A Coruña e Santiago, autoridades portuarias das dúas cidades citadas en primeiro lugar, Confederación de Empresarios, Polígonos empresariais varios e principais empresas galegas.
21 de outubro. Nota de prensa anunciando a conferencia organizada por AGAI, da antropóloga Patricia Martínez, filla do médico vigués que salvou a vida de milleiros de xudeus.
22 de outubro. Conferencia de Jaime Vandor, supervivinte da Shoah, organizada en Santiago por AGAI. Título: “Memoria do Holocausto. A vida dun neno xudeu na Budapest ocupada polos nazis”.
25 de outubro. Conferencia da antropóloga Patricia Martínez de Vicente, organizada por AGAI en Santiago de Compostela, sobre o tema “Eduardo Martínez, o médico galego que salvou a milleiros de xudeus”.
4 ao 14 de novembro. Segunda viaxe organizada por AGAI a Israel.
21 de novembro. Comunicado de AGAI para discrepar coa sentencia do Tribunal Constitucional que despenaliza o delicto de banalizar o holocausto.
14 de decembro. Cea do primeiro aniversario de AGAI.
10 de xaneiro. Petición por escrito ao director da TVG para que o medio se sumase á celebración do día en Memoria do Holocausto.
21 de xaneiro. Comunicado de AGAI denunciando o apagón informativo dos medios sobre Gaza e acusando a Hamas de deixar sen enerxía aos palestinianos.
23 de xaneiro. Conferencia de Edwin Yabo, organizada por AGAI en Santiago, baixo o título “O negacionismo do Holocausto e a memoria das vítimas”.
26 de xaneiro. Despois de varias semanas de xestións e negociacións, e logo de que o BNG se negara a suscribir a declaración institucional do Parlamento Galego en memoria das vitimas do Holocausto, AGAI difunde un comunicado de prensa denunciando a actitude deste partido.
27 de xaneiro. Celebración do día da Memoria do Holocausto na Catedral de Santiago, organizado por AGAI, cunha misa, varias intervencións e a interpretación ao violín do tema central do filme “A lista de Schindler”.
4 de febreiro. Abel García López, membro de AGAI, presentan a súa demisión como concelleiro do BNG por discrepar da postura do seu partido fronte a Memoria do Holocausto.
6 de febreiro. Comunicado de AGAI acusando ao BNG de desprezar a vontade cidadá.
2 de marzo. Carta de AGAI ao alcalde de Sada por negarse a admitir unha moción en memoria das vítimas do Holocausto.
8 de marzo. AGAI condena nun comunicado de prensa o atentado a Yeshiva de Xerusalém.
1-6 de abril. Unha delegación de AGAI viaxa a Auschwitz onde realizan unha ofrenda floral polas vítimas do Holocausto e son recibidos polo Presidente da Comunidade Xudía de Cracovia., Sr. Tadeusz Jakubowicz.
28 de abril. Comunicado de AGAI para condenar a expulsión de Valadés.
27 de maio. Charla-coloquio do escritor e historiador Xoan Bernárdez Vilar en Vigo, sobre o tema “O 60 aniversario da independencia de Israel, organizado por AGAI.
28 de maio. Conferencia do escritor Marcelo Birmajer organizada por AGAI en Santiago, baixo o título “Os intelectuais e a nova xudeofobia”.
29 de maio. Conferencia do escritor Marcelo Birmajer organizada por AGAI en Vigo, baixo o título “Europa e o conflito árabe-israelí”.
6 de xuño. Conferencia sobre “A liberdade e o Gran Oriente Medio”, a cargo do eurodeputado portugués Paulo Casaca organizada por AGAI en Vigo.