Impropio do prestixio e da seriedade dun xornal como El Correo Gallego.
Porque incomprensíbel é o cualificativo máis suave que podemos aplicar ao xeito que o pasado domingo 25 de maio escolleu o xornal da capital de Galicia para informar sobre o 60 aniversario da independencia do Estado de Israel froito da aplicación da Resolución 181 das Nacións Unidas. Que o Estado de Israel sexa a única democracia no Medio Oriente non merece ao redactor -e non sabemos se ao xornal- ningunha reflexión.
No artigo en cuestión comeza por denominar nazis aos xudeus. O reportaxe asinado por Roberto Qumata titúlase: "Palestinos de Gaza, judios del temido IV Reich sionista".
Resulta sorprendente que El Correo Gallego preste ás súas páxinas no seu suplemento dominical para publicar un incualificábel reportaxe no que o seu autor destila xudeofobia de manual e emprega o exterminio industrial dos xudeus europeos –lembrémoslle ao redactor, seis millóns de vítimas– perpetrado polos nazis para culpabilizar sorprendentemente non aos verdugos das SS, senón ás vítimas, aos xudeus de Auschwitz, Treblinka, Sobibor...
O sr. Qumata di cousas como que "el sionismo está a un paso de aplicar las Leyes de Núremberg", "la paranoia culpatoria de Europa tuvo mucho que ver con el retorno a la Tierra Prometida", "los árabes, aliados del III Reich, como forma de rechazo al colonialismo de Londres y París"... É aínda máis noxento, é como o xornal ilustra o artigo con fotografías de xudeus no Guetto de Varsovia, do que lembremos saíron con vida só uns 20.000 xudeus de perto de medio millón, o resto foron simplemente exterminados. Os pés de foto dan unha clara idea da xudeofóbia declarada do autor. Sob unha imaxe dun xudeu encañonado por un soldado nazi podemos ler: "Este judio de cara afilada aguanta la afrenta del soldado que le registra en el guetto de Varsovia".
Aínda máis, o autor frivoliza co que supuxo o Holocausto: "La intendencia alemana alimentaba a los judios con raciones de no más de 184 calorías diarias. Con los polacos se excedían hasta las 699. Y ellos, el III Reich, se reservaban 2.613 calorías. Y claro, al hablar de hambre, el problema se reduce a un problema humanitario, a una dieta de adelgazamiento. El pan, por así decirlo, es el leit motiv, no la causa palestina o la fumigación del Líbano con dos millones de bombas de racimo".
O terrorismo islámico de Hamas ou a Yihad islámica son cualificados como "milicianos" e hai un claro interese en desculpar a súa actividade terrorista con expresións como "iguala la capacidad bélica de Hamas (cohetes de fabricación casera, los Qassam) con el potencial militar hebreo (...) El pasado 23 de enero, milicianos de Hamas dinamitaron el muro entre la franja (por Rafah) y Egipto, la única ocasión que tuvieron miles de palestinos de cruzar la frontera para emplear sus ahorros en medicinas y alimentos". O odio ao xudeu, puro antisemitismo, ao que outorga altofalante El Correo Gallego fica reflectido sen lugar a discusión en parágrafos como os seguintes: "El sionismo ideológico trata a los palestinos como el III Reich a los judios, sin estatuir, pero aplicando, las Leyes (antisemitas) de Núremberg a base de las peores lacras de los tempos: piratería (apropiación de tierras), apartheid (mano de obra barata), colonialismo (colonos), deportación (refugiados), limpieza étnica (60 años de guerras), muro de separación y bloqueo (Gaza). Al millón y medio de gazawíes le quedan las piedras. El arsenal de sú resistencia".
Non é por suposto cuestionábel a liberdade de ser crítico ou moi crítico coas políticas de calquera estado (tamén o Estado de Israel) por parte de calquera medio de comunicación. O que non é defendíbel nunha sociedade democrática e plenamente coñecedora da barbarie que asolou o corazón de Europa hai só, pouco máis de medio século, é empregar a demagoxia, a xenofobia e a burda manipulación da realidade como pluma. Pluma non para informar senón para deformar aos lectores.
Banalizar o Holocausto, a Shoáh, é asasinar ás vítimas por segunda vez. Pretendía iso o sr.Qumata?
(Arriba podes ver a imaxe co miserábel pé de foto que "ilustra" a devandita reportaxe)