30/05/08

MAYUMANA en Santiago o 13 de Xuño


A compañía que máis entradas vendeu na historia de Israel (máis de 1.000.000) sae dos teatros para facer chegar o seu ritmo, a súa enerxía e o seu humor a todas aquelas persoas que aínda non puideron gozar deste impactante espectáculo. Xa se poden adquirir as localidades para coñecer de preto o show de MAYUMANA en Santiago de Compostela; os interesados poden facelo a través das canles de ticketing de Caixa Galicia (http://www.caixagalicia.es/, 902 43 44 43) por un prezo de 28 euros (plateas A e B), de 24 euros (plateas C e D, e sector E) ou de 20 euros (sectores F, G e H). Coma vén sendo habitual, contémplanse descontos especiais do 15% para os clientes de Caixa Galicia que paguen coa súa tarxeta Visa Electrón NetClub, e para os/as abonados/as do Multiusos Fontes do Sar e do C.D. Santa Isabel. En total, o aforo do Multiusos Fontes do Sar estará limitado a 4.500 butacas para esta ocasión.Tras presentar a súa proposta en medio mundo, Mayumana traerá a Santiago de Compostela un show para todos os públicos, único e diferente, que explota unha nova linguaxe escénica, avalada polos mellores críticos e profesionais do mundo do espectáculo. Capaces de facer música cos obxectos máis disparatados, como contedores de lixo, potas, aletas de buceo ou vasoiras, os artistas que compoñen Mayumana conseguen extraer sons que espertan no espectador unha mestura de sentimentos, mesturando humor, fantasía, tecnica e sobre todo…ritmo. É o placer da percusión.Segundo os seus creadores (Eylon Nuphar, bailarina e Boaz Berman, percursionista de ritmos afro-americanos), Mayumana nace co obxectivo de crear un espectáculo que combine elementos de varias disciplinas artísticas baseadas no ritmo. Os autores deste espectáculo urbano de danza e percusión dominan todos os xéneros. Cantan, bailan, tocan, interpretan, fan acrobacias... Por algo Mayumana deriva dunha palabra hebrea que significa habilidade. A cita é o 13 de Xuño ás 22:00 horas.