Ninguén debeu ter unha ilusión falsa sobre como serían as cousas no futuro", dixo Lammert. "Hilter nunca tivo algunha dúbida sobre que faría co poder".O parlamento alemán rendeu homenaxe onte xoves aos lexisladores que se mantiveron firmes contra a iniciativa nazi para extinguir a oposición política. O parlamento recordou a destrución da democracia realizada polos nazis despois de que Adolfo Hitler tomase o poder hai 75 anos. A chanceler alemá Angela Merkel e o presidente Horst Koehler asistiron a unha sesión solemne dunha hora no recentemente restaurado edificio do Reichstag, ou parlamento, cuxo incendio en 1933 foi un dos acontecementos que levaron a Hitler a consolidar o seu asentamento no poder. "Hoxe inclinámonos ante as vítimas da ditadura do partido nacional socialista" dixo o presidente do parlamento Norbert Lammert ante os lexisladores. Hitler convenceu ao debilitado presidente, Paul von Hindenburg, para que o nomease chanceler o 30 de xaneiro de 1933. "Ninguén debeu ter unha ilusión falsa sobre como serían as cousas no futuro", dixo Lammert. "Hilter nunca tivo algunha dúbida sobre que faría co poder". Para cando os nazis realizaron fogueiras de libros o 10 de maio, "o novo réxime tiña unhas poucas semanas, logo dun cambio legal no goberno, delimitando o camiño cara ao que sería o ton xeral dos 12 anos seguintes: violacións á lei, destrución de construcións e devastación da civilización", dixo Lammert. Hans-Jochen Vogel, un anterior ministro de xustiza e líder do partido Social Demócrata, apuntou cara ás leccións do futuro, nun tempo no que Alemaña causou temores sobre o triunfo de certas faccións os partidos de ultradereita que chegaron ate os parlamentos estatais en anos recentes. Aqueles que se encollen de ombros e miran lonxe debilitan a democracia; aqueles que falan a fortalecen", declarou Vogel, de 82 anos, entre os aplausos dos lexisladores.