08/03/08

Comunicado de AGAI sobre o atentado en Xerusalén




A Asociación Galega de Amizade con Israel (AGAI) condena enérxicamente o bárbaro e vil atentado terrorista perpetrado nunca escola talmúdica de Xerusalem e no que morreron oito rapaces. Habia catro anos que os terroristas non conseguían matar poboacion civil en Israel grazas en parte ao valado de seguridade hipócritamente criticada por paises que teñen outras barreiras semellantes. Unha vez mais, o Consello de Seguridade da ONU foi incapaz de aprobar unha condena elemental e conxunta do execrable asesinato dun grupo de estudantes a sangue fria. Os intereses politicos, case sempre bastardos, colisionan unha vez mais contra o sentido común. O goberno de Israel ten motivos evidentes pra cuestionar a sua pertenza a esa organización. E se a actitude das Nacions Unida é indigna, non é menos a de quen pretende comparar a matanza indiscriminada de civis en Israel cos terroristas mortos polo Tsahal en Gaza cando defende a poboacion civil de Sderot do lanzamento de misis Kassam, chamados eufemísticamente e non sen intencion, “foguetes artesanais”. Cando o exército israelí responde ás agresións diarias dos misís kassam e finalmente alcanza desafortunadamente tamén a civís, por culpa da irresponsabilidade dos terroristas que os teñen ao seu carón (moitas veces, pero non sempre, obrigándoos), pide desculpas, o lamenta e, si é o caso, abre unha investigación que, en ocasións resolveuse con condeas. Pola contra, en Gaza, ao enteirarse da noticia do atentado de antonte, moitos palestinos celebrarono con disparos ao ar, regalando doces e candeas polas rúas, mentres que, dende os altofalantes de algunhas mesquitas se reproducían versículos do Corán e se felicitaba ao pobo palestino polo su “heroico e selectivo ataque en Xerusalem”. Isa celebración festiva da masacre de Xerusalem evidencia a maldade intrínseca e a deshumanización do terrorismo islamico. Como ben di o lider de Hamas, Ismael Haniye, os musulmans aman a morte e os xudeos aman a vida. Esa é a gran diferenza entre uns e outros. Ese culto a morte é esencial no islamismo e forma parte da educación que as autoridades palestinas lles dan aos seus rapaces. Inxectan odio, odio indiscriminado a mulleres e homes de calquera idade. Utilizan cobardemente as súas familias, os seus nenos, as súas mulleres como cebo. Disparan e atacan a Israel desde os patios das garderias, desde as escolas, sabendo que convirten eses lugares en obxectivos militares e que o exército israeli responderá aos ataques, para así producir unhas baixas civís que eles mesmos provocan. Como é sabido, a Convención de Xenebra (ademais do sentido común, a humanidade e a decencia) prohibe usar a mulleres e nenos como escudos humanos. Os terroristas islámicos fano xustamente para conseguir vítimas e logo poder exhibilas diante dos medios de comunicación. Os israelíes, antes de atacar lanzan octavillas á poboación informando de cales son os obxectivos militares que serán atacados, porque desde eles se dispara ao seu país. Para AGAI, Terrorismo é atacar deliberadamente a estes civís inocentes que estudaban a Biblia. Terrorismo é educar aos nenos e rapaces na yihad, no culto á morte e no odio indiscriminado contra homes, mulleres ou nenos do país veciño. Terrorismo cobarde e vil é parapetarse entre os teus propios nenos e adolescentes para disparar ao teu adversario e conseguir que na súa resposta morra algún inocente. Terrorismo é berrar e xalear a matanza dos 8 estudantes de Xerusalem e celebralo públicamente con rebumbios calexeiros.


Vigo, 8 de marzo de 2008