

Organizada por AGAI, tivo lugar o pasado xoves 25 en Compostela a conferencia de Patricia Martínez na que presentou a figura do seu pai, Eduardo Martínez, médico galego que durante a II Guerra Mundial salvou a vida de centos de xudeus que fuxían da represión e o exterminio nazi. O acto contou coa presenza das cámaras de TVG e foi un gran éxito de público nunha sala do Clube Internacional de Prensa completamente ateigada.