19/10/07

AGAI organiza un encontro empresarial de tres días entre Galicia e Israel




A Asociación Galega de Amizade con Israel (AGAI), en colaboración coa Confederación de Empresarios de Galicia, ven de organizar un encontro empresarial galaico-israelí que inclue visitas a Inditex, Uro, portos de Vigo e A Coruña, Federación Galega de Parques Empresariais, Caixanova, Caixa Galicia e Polígono Industrial do Tambre, entre outras. Ademáis, a delegación israelí, acompañada por directivos da CEG e de AGAI entrevistaráse cos alcaldes de A Coruña, Santiago e Vigo. O encontro prolongaráse dende o vindeiro luns ata última hora da tarde do mércores e pretende sentar as bases dun intercambio de visitas entre empresarios israelíes e galegos que xa na actualidade están moi interesados nos seus respectivos mercados.

Na primeira xornada, Amos Wohl, ministro de Asuntos Económicos e Comerciais da Embaixada de Israel en Madrid, acompañado por César Pazos en representación de AGAI manterán unha xuntanza de traballo con Antonio Fontela Ramil, presidente da Confederación de Empresarios de Galicia, na sede desta institución.

Posteriormente, a comitiva da Embaixada xunto cos directivos de AGAI desprazaránse ata o Polígono do Tambre onde se entrevistarán co presidente e o xerente da Asociación de Empresarios, Jesús Chenel Noya e José M. Beceiro Deus. A xornada matinal completaráse cunha visita a Uro, Vehículos Especiales, S.A. onde o contacto será co seu conselleiro delegado, José Sierra e máis co responsable do departamento internacional, Justo Sierra. Pasado o mediodía serán recibidos polo alcalde Xosé Sánchez Bugallo no seu despacho do Pazo de Raxoi.

A segunda xornada principiará cunha audiencia na alcaldía de O Porriño, a cargo do seu titular Raúl Francés, para seguir ata os Polígonos Industriais da Granxa e As Gándaras, amáis de a Asociación de Empresarios de Granito. Posteriormente manteránse encontros co subdirector xeral de Caixanova, alcalde de Vigo e presidente da Autoridade Portuaria da cidade olívica. As dúas da tarde a entrevista será co alcalde de Baiona para, xa despois do xantar, visitar as empresas Infotarifa.com e Queco, a primeira especializada en diseño software para empresas e a segunda adicada á conserva de longa duración de queixos.

A xornada do mércores inclue unha xuntanza coa Confederación de Empresarios de A Coruña, unha recepción na alcaldía e sendos contactos de longa duración co Grupo Inditex, a Autoridade Portuaria de A Coruña e os empresarios do Polígono de Sabón. A medisa tarde ofreceráse unha rolda der prensa para facer balance.

A visita ten espertado unha grande expectación no mundo empresarial galego e dende que se ven xestando esta viaxe preparatoria, diversas compañías xa intercambiaron dossieres con sociedades israelíes coa intención de establecer lazos comerciais.
Vigo, 19 de outubro de 2007