10/09/07

O Ano Novo Xudeu e a súa cociña

Por Débora Chomski*

Descargar En Español

O 12 de setembro é Rosh ha Shaná, ano novo xudeu. No Talmud, un dos Textos Sagrados do pobo hebreo, os sabios din que Rosh ha Shaná é unha festa para toda a humanidade. O primeiro do mes de Tishrei –día da celebración do ano novo- é o día no que Adán é creado, o primeiro home según a tradición relixiosa, e con elo, complétase a creación do mundo. Nestas datas, segundo as fontes de sabiduría relixiosa, comenza a rotación do sol e da lía, fito que marca o comezo do ano para os anos e principia o ciclo de vida das plantacións e dos cultivos de verduras e herbas (na Tierra de Israel).
Para o pobo xudeu, Rosh ha Shaná é ademáis un momento especialmente fecundo: nacen os patriarcas Abraham, Isaac e Jacob -e con eles fúndase unha cultura milenaria e trascendente- e as matriarcas Sara, Raquel e Jana, que eran estériles, conciben o seu primeiro fillo. Pero tamén Rosh ha Shaná marca unha etapa de liberación do xugo persoal e retorno ás fontes: Xosé, o home que interpreta os Soños do Faraón, sae do cárcere e volve a ver a súa familia, e aos seus descendentes, que foran escravizados, saen de Exipto e tornan a Israel, “a terra onde mana o leite e a mel”.

Entón, un final de ciclo e varios principios esperanzadores. Para un pobo e para toda a Humanidade. E o desexo dun bon comezo para todos. Moito e bo te dea Deus.

Os alimentos simbólicos de Rosh ha Shaná
Os alimentos que se consumen na mesa festiva xudía de Rosh ha Shaná se asocian aos diversos sentidos da festa. Estos alimentos representan os nosos desexos máis profundos para principiar o novo ano con bo pe. Na mesa festiva inclúese a manzá con mel para simbolizar un ano doce e un pan trenzado e redondo para simbolizar o novo ciclo que se inicia. Na preparación dos pratos se empregan cabaza, lentellas, toros de zanoria e granadas para pedir por un ano próspero e abundoso en boas accións. Cocíñanse pratos con peixe, que simboliza a fertilidade e a cabeza de cordeiro, coa aspiración de triunfar nas nosas aspiracións e “ser a cabeza e non a cola”. Tamén se comen alloporro ou cebola, remolacha e dátiles co desexo de que se extingan os males que nos aqueixan.

Unha doce proposta para Rosh ha Shaná
O pastel de mel (onig lecaj) é tradicional para estas datas. Foi mencionado por primeira vez en cartas de rabinos e libros de rezos da Provenza dos séculos XI e XII. Pero o costume de comer un pan ou pastel con mel para Ano Novo non era só dos xudeus franceses. Pódense topar versións do pastel de mel en Alemaña, Polonia e Lituania como en Grecia e Turquía. Cómese tanto para ano novo como en cada comezo de ciclo -inicio do ciclo escolar, nacementos, vodas, aniversarios- e sempre augurando un feliz comezo.
Ingredentes
- Fariña, 750 gramos
- Ovo medianos, 4
- azucre, 200 gramos
- levadura química, 1 culleriña de café
- infusión de café ou té quente, media cunca
- mel, 200 cc (1 cunca)
- aceite, 2 cullerada sopeiras
- canela, media cullerada de café
- Uvas pasas e noces, en total, 200 gramos.
Cómo se fai:
Prequentar o forno a 160 grados. Untar con aceite e enfariñar un molde redondo.
Batir ate que ficen escumosos os ovos co azucre.
Nun recipiente aparte mesturar o aceite, a mel e o café. Verter suavemente a mestura nos ovos batidos. Tamizar a fariña, agregarlle a levadura e a canela e incorporarla de maneira suave e con movementos envolventes á mestura dos ovos coa mel e café.
Espolvorear con fariña as uvas pasas e as noces e agregalas á preparación.
Verter a mestura no molde e cocer durante unha hora no forno mediano . Retirar, deixar enfriar e desmoldar.

Que teñades un doce e feliz comezo!

*Especialista en historia da cociña xudía. Investigadora das relacións entre a alimentación e as crencias relixiosas no Mediterráneo. Vaia o meu agradezemento ao rabí Daniel ben Itzjak e as súas sabias orientacións.