"Memoria do Holocausto".
A vida dun neno xudeu na Budapest ocupada polos nazis.
O vindeiro 22 de outubro ás 20:00 horas e organizada por AGAI, terá lugar no salón de actos do Clube Internacional de Prensa de Compostela -sito na Av.da Coruña 6- unha conferencia do profesor e sobrevivente da Shoá Jaime Vándor*.
Presenta: Pedro Gómez-Valadés, Presidente de AGAI
---------------------------------------------------
*Jaime Vándor Koppel, profesor, ensaísta e poeta. Naceu en Viena en 1933, refuxiado en Budapest en 1939, sobrevive en Hungría ás persecucións dos xudeus e a IIª Guerra Mundial. Doutor en Filosofía e Letras pola Universitat de Barcelona, en cuxa Sección de Filoloxía Semítica deu clases de Lingua e Literatura Hebrea e Historia do Xudaísmo Moderno e Contemporáneo, desde l958 ate a súa xubilación en 2003. Fundador da Associació de Relacions Culturals Catalunya-Israel (A.R.C.C.I.). (l979). Chanceler do Consulado de Israel en Barcelona en 1994, Cónsul Honorario en funcións durante 1997. Jaime Vándor acumula o doloroso balance de ter 150 membros da súa familia, por parte materna, asasinados no Holocausto, e preto de 50 por parte do seu pai.
Pequena escolma de textos de Jaime Vándor: