04/08/07

A Biblia Kennicot



A Biblia xudía de Galicia -a máis coñecida como Biblia Kennicot- é sen dúbida parte sobranceira do noso Patrimonio cultural, é xa que logo, parte da nosa Memoria Histórica. Eis un impresionante legado que nos deixou a presenza secular do Pobo xudeu entre nós. Os nosos paisanos xudios como gustaba de chamar o mestre Don Álvaro Cunqueiro. Desde a Asociación Galega de Amizade con Israel (AGAI) demandamos do Goberno galego que faga esforzos para recuparar esta xoia que xamais debeu deixar Galicia. O seu lugar non é Oxford, o seu lugar é o Museo do Pobo galego.