
Onte mércores 27 tivo lugar perante á Embaixada da República Islámica de Irán unha concentración
en defensa do Dereito de Israel a existir e
polo respecto dos Dereitos Humanos en Irán. Un grupo de socios e socias de
AGAI desprazámonos ate Madrid para facer parte da protesta. Simplemente en defensa da
DECENCIA. Porque
INDECENCIA é o cualificativo que cómpre adxudicarlle á actitude da República Islámica de Irán, e tamén por omisión, á comunidade internacional co seu case completo silencio. Confiemos en que o sentidiño impere e barbaridades como as que motivaron esta concentración, non nos obriguen a convocar novas mobilizacións. Mais que ninguén o dubide, se fora preciso, a
Asociación Galega de Amizade con Israel estará sempre en primeira liña de solidariedade co Pobo de Israel e coa Paz. Nos vindeiros días colgaremos máis fotos da concentración e da "nosa embaixada" fronte a Embaixada iraniana.
Shalom