16/05/07

Camiño do nazismo


Por Manuel Molares do Val
Temos que preguntarnos que mal nos fixeron os xudeus aos españois para que os odiemos tanto, e para que noso antisemitismo estea achegándonos perigosa e rapidamente ao pensamento nazi. Hai anos era común falar do furibundo antisemitismo dos polacos. Pois ben co 45% deles xudeófobos, sono menos que os españois, co 47. Os cidadáns doutros países europeos sono moito menos: o 32% dos italianos e o 22 dos franceses e o 20 dos alemáns. Son datos dunha enquisa divulgada pola Liga Antidifamación, ONG xudea que loita contra o antisemitismo, cuxo cultivo leva a aprobar exterminios como o Holocausto.

Cal é a razón deste odio para xudeus e israelís, que non lle teñen feito mal algún aos españois? Ao contrario, os seus científicos, pensadores, escritores ou artistas de numerosas nacionalidades son das mellores luminarias da nosa civilización.

Quen patrocina o odio alega que é por amor aos palestinos, por certo, en permanente guerra civil. Falsa xustificación: temos no País Vasco unha situación de enorme desgraza sen un afecto e solidariedade similares. E que dicir das matanzas de Darfur, dos saharauis ou das afganas asasinadas masivamente polos talibanes: é rechamante que sexamos amorosos só con quen están en conflito cos israelís, que ate teñen un Ministro árabe e musulmán, e non con millóns de persoas que sofren exterminios planificados. Fai falta unha reflexión, porque este antisemitismo lembra ao nazismo.
El Correo Gallego (17.05.07)