Por Pedro Gómez-Valadés
Se teño que nunha soa frase resumir o porque da Asociación Galega de Amizade con Israel, esa frase sería: “Por pura e simple hixiene democrática”. Nestes tempos, quizais nunca houbo outros tempos, nos que baixo a careta cómoda do antisionismo, agóchase a negra face da xudeofobia secular, é para calquera demócrata, ou debera de selo, unha obriga moral a procura de canles alternativos e críticos co pensamento único instalado na nosa sociedade. Estou convencido de que o problema de comprensión do conflito no Medio Oriente é máis que nada un problema de información. Certamente custa crelo nestes tempos no que a información rula por internet en inxentes cantidades. Custa crelo. Mais non atopo outra explicación.
Explícome.
Se lle pregunto á miña panadeira, ao repartidor do Faro de Vigo, á miña tía de Nigrán, etc... se lles pregunto pola ocupación chinesa do Tibet, pola crise en Darfur, pola situación a día de hoxe en Grozni, ou nos esquecidos campamentos saharauis de Tindouf... probabelmente a resposta non pasaría dun vago e tópico: "que mal está o mundo".
Se pola contra lles pregunto pola crise en Medio Oriente, a resposta será clara: "os xudeus que están a masacrar aos pobres palestinos".
E por que esta disparidade?
Pois porque o conflito -duro, complicado e con mil aristas- do Medio Oriente non é doado de explicar, e moito menos con lugares comúns e tópicos de catecismo. Porque o fácil foi –o fácil é- recorrer á cantinela oficial de "uns malvados xudeus que aterraron en Palestina e botaron fóra aos lexítimos habitantes daquelas terras". Esta explicación certamente funciona, e funciona porque é moi simple, e xa que logo, encaixa moi doadamente se non buscamos contrastar a súa veracidade a través da búsqueda de información. E o home e muller de a pe, deixase levar entón polos formadores de opinión, polos medios de comunicación e non busca, agás excepcións ningunha verificación minimamente rigorosa.
E por que ía buscala?
A fin de contas os xudeus nunca tiveron o vento a favor na opinión pública. Nin sequera despois do Holocausto que levou por diante a máis dun terzo do total da súa xente. Como moito a opinión pública occidental tivo uns anos de mala conciencia o que levou a que 3 anos após do descubrimento do que acontecera en Dachau, en Treblinka, en Auschwitz, en Mauthausen levou a Nacións Unidas, ao recoñecemento dos dereitos nacionais históricos do pobo xudeu –a esquecida Resolución 181- que tivo como resultado o nacemento e a independencia do Estado de Israel.
A Resolución 181 contemplaba a creación tamén dun Estado árabe no 80% do Mandato Británico en Palestina, e foi a negativa radical dos estados árabes a respectar a resolución de NN.UU o que derivou na non existencia a día de hoxe dun estado árabe-palestino. E que cando se acusa a Israel de violar, de non respectar as múltiples resolucións posteriores de NN.UU, esquécese -perversa e interesadamente- a Resolución 181 e quen a foi quen a violou, (Por certo e como nota ao marxe quixera citar o que sobre a violación da Resolución 181 por parte dos estados árabes dixo o daquela representante soviético Andrei Gromyko no Consello de Seguridade (29 de maio de 1948): "Ésta non é a primeira vez que os estados árabes, que organizaron a invasión de Palestina, ignoran unha decisión do Consello de Seguridade ou da Asemblea Xeral. A delegación da URSS xulga que é esencial que o Consello declare a súa opinión máis clara e firmemente ao respecto desta actitude dos estados árabes perante as decisións do Consello de Seguridade").
Ter que enfrontar todo isto recoñezo que é para o cidadán do común complexo e require en moitos casos por en cuestión verdades absolutas previamente asumidas. Máis estou certo, de que a canta máis información teñamos a propósito das orixes do conflito, máis claro estará todo.
Por que como podemos senón entender posicións radicalmente acríticas cos palestinos, como se despois de 60 anos non tiveran ningunha responsabilidade na non resolución do conflito?.
Este evidente para calquera observador atento xeral acriticismo pode só ter explicación na moi parcial, maniquea, sesgada -cando non directamente demagóxica- choiva de información que recibe o cidadán do común no día a día. Dos medios de comunicación, dos que é evidente a súa gran responsabilidade desta, cualificaremos tibiamente, pouco obxectiva información que transmiten, pero eu engadiría un nivel máis. E quizais, seguro, máis grave. A nosa clase política case sen excepcións. Sexa a cor do político a que sexa, este non pode aducir desinformación ou parcial información recibida, porque é a súa obriga como servidores da cousa pública que son, a de estar o mellor e máis rigorosamente informados de calquera tema no que falen. E neste tema abundan as declaracións frívolas cheas de retórica de panfleto antiisraelí por parte da nosa clase política agás moi honrosas excepcións.

E o sempiterno medo electoral non pode xusticalo todo. Por unha simple cuestión de ética. O político non debe, non debera, prestarse a ser só un monicreque falador que repita sempre e todo lugar o que os gabinetes de imaxe de cada partido recomenden. Non. Hai casos como o que hoxe tratamos, no que non é tolerábel a complicidade por simple covardía cando o que está no taboleiro é unha cuestión da gravidade do conflito no Medio Oriente. Por suposto non todas as declaracións ou omisións dos nosos políticos veñen derivadas da súa covardía. Non é. Hai casos, e moitos casos, de simple xudefobia unida ao desnorte que algúns aínda sofren despois da afortunada caída do Muro de Berlín. Para estes, chamémoslles desnortados, todo vale se o inimigo é o satán USA ou por derivación o satán Israel. Incluso no delirio chégase a avalar, cando non apoiar abertamente, réximes e grupos terroristas islámicos coma se fosen o Che Guevara resucitado.
Desnorte unido a xudeofobia secular da coma resultado posicións non só parciais contra Israel, da como resultado viscerais posicións antiisraelís e xa que logo, xudeófobas..
Dicíame un amigo que o problema de Israel é a súa alianza cos Estados Unidos. Dicía o compañeiro con ironía que se a alianza fose coa vella e defunta URSS, O propio e demonizado Sharon tería asistido convidado na praza da Quintana o Día da Patria Galega e os palestinos serían tratados como "a contra nicaragüense".
Para min, hai datas na terra e no tempo que teño como referenciais. A independencia americana, a revolución francesa, a independencia da verde Eirín e o 14 de maio de 1948 no que centos de anos despois o pobo de Israel acadou o que en xustiza merecía. A soberanía no seu Fogar Nacional. A súa independencia.
Para nós como Asociación Galega de Amizade con Israel recuperar e rehabilitar a pegada xudea en Galiza é un dos fins, un dos obxectivos que nos marcamos. A herencia deixada pola presenza xudea no noso país merece e debe ser recuperada. Como parte que é da nosa propia Memoria Histórica como galegos e galegas.
Oxalá o pobo de Israel e o pobo palestino cheguen o máis axiña posible á paz. Paz máis que merecida. Pero a paz constrúese sobre a realidade. Se o IRA non tivera asumido pragmaticamente a realidade de esgotamento na que ficaba, os Acordos do Venres Santo non terían visto a luz.
A paz en Medio Oriente virá da man do real recoñecemento do dereito de Israel a existir e vivir con seguridade e en paz ou non virá. Dicía Golda Meier que podía entender que os árabes quixeran botalos ao mar. Pero que o que os árabes non podían pretender é que os xudeus colaboraran na tarefa.
Naceu a Asociación Galega de Amizade con Israel. A nosa humilde tarefa, os nosos obxectivos fican moi claros. Achegar información alternativa. Na medida das nosas posibilidades e canta máis sexamos quen de achegar. Da información real e obxectiva virá sen dúbida unha mellor e máis imparcial análise do conflito.

E actitudes de exacerbada intolerancia xurdidas nos últimos meses, deixan claro non só a pertinencia da constitución da Asociación, deixan moi claro a súa urxencia, pola saúde democrática de organizacións cun claro défice de tolerancia e de mínimos democráticos. Pola bandeira do respecto ás minorias que debe ser norma de lei, en calquera organización que pretenda obter a confianza da cidadanía. O contrario ten un nome...