Amosando publicacións coa etiqueta anuncio. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta anuncio. Amosar todas as publicacións

18/01/15

"Holocausto e Memoria" - Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 2015




Onte sábado tivo lugar en Santiago de Compostela a II Xornada "Holocausto e Memoria" organizada pola Xunta de Galicia (Consellería de Cultura e Educación) no marco dun proxecto europeo dirixido aos docentes na súa mellora da capacitación para o ensino do Holocausto aos alumnos de primaria, ESO e Bacharelato. A iniciativa enmárcase no programa da Comisión Europea ‘Memoria activa europea’. Ademais forma tamén parte do Plano Anual de Formación do Profesorado da Consellería, polo que o profesorado participante puido homologar a súa asistencia coma 8 horas de formación. 

Desde AGAI queremos transmitir os nosos sinceros parabéns pola iniciativa a Xunta de Galicia, especialmente á Consellería de Educación, Cultura e Ordeación Universitaria e moi especialmente ao seu Secretario xeral técnico, Jesús Oitavén, polo esmero e rigor acadado na xornada así coma pola súa magnífica organización que sen dúbida sitúa a Galicia no mapa europeo ao máis alto nível.Parabéns. Mazel Tov.

Máis información:

Programa da II Xornada na Cidade da Cultura



20/01/14

Exposición en Vigo: "Galegos en Mauthausen"


Co gallo da conmemoración anual o vindeiro 27 de xaneiro do Día Internacional de Recordo das Vítimas do Holocausto, a Asociación Galega de Amizade con Israel-AGAI organiza en Vigo a exposición "Galegos en Mauthausen" que estará aberta ao público desde o 7 até o 31 de xaneiro na sala de actos e exposicións da Casa do Libro en Vigo sita na rúa Velázquez Moreno 27. Desde AGAI queremos agradecer a asociación Memoria Histórica Democrática a súa colaboración para poder levar adiante esta exposición na procura do recoñecemento público -aínda pendente- das vítimas galegas nos campos nazis durante o Holocausto na II Guerra Mundial.






















22/10/12

Proxecto educativo e cultural sobre as xudarías de Galicia



Desde a ASOCIACIÓN GALEGA DE AMIZADE CON ISRAEL-AGAI aprácenos informar da sinatura do protocolo de actuación cultural "Sefi, o amigo de sefarad. Aventuras pola rede de xuderias galegas". Protocolo que estará dirixido aos rapaces galegos das vilas de Tui, Ribadavia e Monforte de Lemos e sinatura do cal terá lugar mañá mércores en Ribadavia. Participan conxuntamente neste protocolo a Cámara de Comercio España-Israel, os concellos de Ribadavia, Monforte de Lemos e Tui, o Centro Sefarad-Israel e a Rede de Xuderías de España – Camiños de Sefarad.

Este proxecto ten como finalidade dar a coñecer as xuderías galegas en canto ao patrimonio histórico, artístico e cultural así como a convivencia entre xudeus e cristiáns galegos durante moitos séculos, así como a súa forma de vida e cultura. Dito proxecto trata de afondar nunha parte importante da historia do noso País nunha época na que os xudeus formaron parte activa da historia das nosas vilas e cidades, contribuíndo ao seu desenvolvemento económico, científico e cultural ate a súa expulsión polos Reis Católicos.

Este proxecto ten un enfoque didáctico e moi entretido, no que os rapaces poidan coñecer e experimentar por medio dun xogo interactivo unha parte da historia de Galicia descoñecida para grande maioría dos galegos.

A sinatura de protocolo terá lugar na vila de Ribadavia, o vindeiro mércores 24 de outubro de 2012 ás 13:00 na Casa do Concello coa presenza dos respectivos alcaldes.

Para os Concellos de Tui, Ribadavia e Monforte de Lemos a participación nesta iniciativa é unha oportunidade para participar na promoción do seu patrimonio cultural e afondar nunha liña de traballo na que levan anos realizando un labor de difusión a través das actividades que realiza por medio das Xornadas Europeas da Cultura Xudía que anualmente se celebran nas tres vilas galegas. A incorporación a este proxecto educativo reafirma o papel que as nosas cidades desempeñan neste ámbito.

Por exemplo a cidade de Tui contou, na Idade Media, cunha activa comunidade xudía que segundo a documentación conservada posuía a súa sinagoga, un cemiterio e mesmo unha carnicería. Logo da expulsión dos xudeus en 1492 foi a comunidade conversa a que mantivo acesa a presenza da cultura xudía entre os tudenses salientando a figura do médico e filósofo, de ascendencia hebrea, Francisco Sánchez, nado en Tui no ano 1550 ou o conxunto de “sambenitos” da Catedral, conservados no Museo Diocesano de Tui, unha pezas únicas de principios do século XVII e que testemuñan un proceso inquisitorial contra acusados de practicas xudaizantes.

Logo do acto haberáunha visita á xudaría de Ribadavia, onde se poderá observar o crecemento e dinamización que experimentou este espazo nos últimos anos, con proxectos tan singulares como a Tafona da Herminia, única productora de doces hebreos tradicionais e artesanais da península Ibérica, ou empresas de servizos e restaurantes que preparan pratos sefardís e están acollidos ao programa da Red de Juderías de España.
 
ENTIDADES QUE ASINAN O PROTOCOLO
Cámara de Comercio España Israel
Concellos de Ribadavia
Concelo de Tui
Concello de Monforte de Lemos
Centro Sefarad Israel
Rede de Xuderías de España. Camiños de Sefarad
 

13/04/11

Cen anos do Kibbutz


Charla-coloquio


Intervén: Samuel Epstein, residente durante 20 anos no kibbutz Ein Hashlosha

Presenta: Pedro Gómez-Valadés

.
Terá lugar o vindeiro 25 de abril ás 20:00 horas na Galería Sargadelos en Vigo, sita na rúa Urzaiz 17 baixo.
.

Entrada libre


O movemento kibbutziano

16/11/10

Curso de música xudía na Illa de San Simón (Vigo)


O INTÉRPRETE E COMPOSITOR XUDEU NORTEAMERICANO ESTÁ RECOÑECIDO INTERNACIONALMENTE COMO UN DOS MÁIS DESTACADOS ESPECIALISTAS DO FOLK INSTRUMENTAL DE RAÍZ XUDEA.

O mestre do violín klezmer Steven Greenman abre as "master class" de música tradicional da Agadic na illa de San Simón

O violinista e compositor estadounidense Steven Greenman, recoñecido internacionalmente como un dos mellores intérpretes do violín klezmer, inaugura mañá o novo ciclo de master class de música tradicional que a Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais) organiza na sede da Fundación Illa de San Simón, na ría de Vigo. Os participantes neste primeiro curso, que se estenderá ate o sábado día 20, terán a oportunidade de achegarse á milenaria tradición da música klezmer no leste de Europa, afondando no repertorio do folk xudeu para instrumentos de corda.

Steven Greenman

O mestre Greenman porá especial énfase en que os alumnos interioricen este tipo de música cantando as melodías, tocando "de oído" e familiarizándose co fraseo melódico e o acompañamento no folk xudeu, ao tempo que se abordará o repertorio klezmer non só a partir da música, senón tamén da tradición oral e a danza. Ademais, unha das tres sesións estará especialmente á ornamentación específica para violinistas e violistas no marco desta tradición musical. As clases culminarán nun concerto dos participantes co material aprendido.

Recoñecido polo seu virtuosismo e a súa precisión técnica como solista, Steven Greenman é tamén un afamado profesor de violín tradicional klezmer. Compaxina esta faceta pedagóxica cos concertos que ofrece como parte de diferentes formacións tradicionais e do seu Steven Greenman Klezmer Ensemble. Ten autoproducido, así memso, dúas gravacións de referencia que documentan as súas composicións: Stempenyu’s Dream (2004) e Stempenyu’s Neshome (2010), esta última coas súas melodías espirituais xudeas de autoría orixinal.

O encontro ofrece un total de 12 horas lectivas para un máximo de 15 alumnos. EsteS será Nseleccionados directamente polo mestre en función dos seus méritos e deberán achegar os seus propios instrumentos como requisito de participación. O prezo da matrícula é de só 50 euros. Os interesados, que poden ser músicos xa profesionais ou estudantes de escolas de música e conservatorios, teñen a posibilidade de realizar a inscrición en liña a través da páxina web www.masterclassdemusicatradicional.info.

Ligazóns

30/05/10

De Compostela a Ierushalaim



Xa na rúa o primeiro número da publicación oficial de AGAI

De Compostela a Ierushalaim

.

SUMARIO:
Presentación.
Por Pedro Gómez-Valadés
Amizade con Israel? Si, grazas. Por Miguel A.Boó
Doce posibles precursores del sionismo moderno. Por Gustavo D.Perednik
Orixes. Por Alfredo Conde
Lembranza da Shoá. Por Afonso Vázquez-Monxardín
Imaginemos el Medio Oriente sin Israel. Por Marcos Aguinis
Un día de xaneiro contra a retórica da barbarie. Por Carlos Penela
A resurección da lingua Hebrea. Por Breogán Cohen
Sobre o Sionismo. Por Xoán Bernárdez Vilar
A literatura israelí hoxe. Por Moncho Iglesias
Eduardo Martínez. O Schindler galego. Por Agatha de Santos
A favor de Israel. Por Pilar Rahola
Allariz e Ourense: primeira e última xudarías galegas. Por Gloria de Antonio
Anticatalanismo e antisionismo hoxe. Por Jaume Renyer
Un número. Por Ramiro Fonte
Música:
Odessa Mamma. De Kentokakí.
Libros:
Israel. A primeira trincheira. De Josep Carles Laínez
.
Prezo 6 euros
.
Para pedidos: amizadeconisrael@yahoo.es * 610424174

11/04/10

Queres viaxar a Israel?

Entre os días 1 e 11 de novembro, 4ª Viaxe a Israel organizada por AGAI. Coa colaboración da Embaixada de Israel en España e da Federación de Comunidades Judías de España-FCJE.
Para máis información:
teléfono 610424174
PRAZAS LIMITADAS
RESERVA XA A TÚA

19/02/10

Nova web da Embaixada de Israel en España


En la página web de la Embajada de Israel encontrarán diversos contenidos que pueden ser de su interés.

Le recomendamos especialmente la sección de vídeos, un lugar donde disfrutar con trailers de películas, grupos musicales, curiosidades y paseos por Israel a través de fotografías que muestran toda la diversidad y el colorido que encierra el país.

http://www.embajada-israel.es/videos.aspx


Estaremos encantados de recibir sus comentarios y sugerencias, que pueden enviarnos a la siguiente dirección: informacion@madrid.mfa.gov.il

Departamento de Información
Embajada de Israel en España

02/02/10

Declaración Institucional do Parlamento de Galicia

Texto da Declaración Institucional do Parlamento de Galicia, que con motivo da conmemoración o pasado día 27 de xaneiro do Día Internacional de Recordo das Vítimas do Holocausto, foi abrobado hoxe, e do cal darase lectura solemne no vindeiro pleno da cámara galega. Após dous anos de silencio incomprensible, o Parlamento de Galicia recupera a conmemoración, en consonancia cos dictados de Nacións Unidas e da Unión Europea, do día internacional da Shoáh.

***



DECLARACION INSTITUCIONAL SOBRE O DIA DE CONMEMORACION ANUAL EN MEMORIA DAS VITIMAS DO HOLOCAUSTO


O 1 de Novembro de 2005, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas, na súa 42ª sesión plenaria, reafirman que o Holocausto, que tivo como resultado que un terzo do pobo xudeu e inmumerables membros doutras minorías morreron asasinados, será sempre unha advertencia para todo o mundo dos perigos do odio, o fanatismo, o racismo e os prexuízos. E tamén decidiu designar o 27 de Xaneiro como Día Internacional de conmemoración anual en memoria das víctimas do Holocausto, todas elas víctimas do nazismo entre as que se contan tamén galegos e galegas.


A Asemblea Xeral rexeitou, e este Parlamento faino seu, toda negación, xa sexa parcial ou total, do Holocausto como feito histórico. E condenou sen reservas, condena que tamén este Parlamento fai súa, todas as manifestacións de intolerancia relixiosa, incitación, acoso ou violencia contra as persoas ou comunidades baseadas na orixe étnica ou nas crenzas relixiosas, teñan lugar onde teñan lugar.


O Parlamento de Galicia constata, coa Asemblea Xeral das Nacións Unidas, que o descoñecemento e o menosprezo dos dereitos humanos orixinan actos de barbarie ultraxantes para a conciencia humana.


O Parlamento de Galicia, en fin, de acordo coa letra e co espírito da Declaración do 1 de Novembro de 2005 da 42ª Asemblea Xeral das Nacións Unidas, chama ao Goberno da Xunta a traballar arreo contra os posibles brotes de racismo, xenofobia e discriminacións baseados na orixe étnica ou nas crenzas relixiosas, e aos cidadáns e ás súas organizacións a permaneceren vixiantes para que nunca máis un réxime como o que produciu o Holocausto poida asentarse entre nós, e en ningún lugar do mundo.


Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 2007

11/01/10

Día Internacional de Recordo das Vítimas da Shoá. Actividades en Ourense.

Presentación en Ourense


Presentación en Ourense do libro Judios e Inquisición en Ribadavia. De Gloria de Antonio editado polo Concello de Ribadavia, Casa Sefarad-Israel e Red de Juderías de España (2009)

Terá lugar o vindeiro día 29 de Xaneiro, venres, ás 19:30 horas no Liceo Recreo de Ourense, rúa das Lamas Carvajal, 5.

A presentación do libro dará o peche a presenza en Ourense da exposición "Testemuñas do Holocausto" organizada por AGAI con motivo da conmemoración do Día Internacional de Recordo das Vítimas do Holocausto que ten lugar todos os anos o 27 de Xaneiro, en data instaurada por Nacións Unidas. A Exposición estará aberta ao público desde o 16 ate o 29 de Xaneiro nos salóns do Liceo de Ourense.

Presenta: Afonso Vázquez-Monxardín. Escritor e socio de AGAI

Intervén: Gloria de Antonio Rubio. Doutora en Historia Medieval (UNED, 2002) coa tese "Comunidades judias en Galicia (siglos XI — XV)", dirixida polo Doutor Enrique Cantera Montenegro. Posteriormente, no ano 2006, foi publicada pola Fundación Pedro Barrié de la Maza, dentro da colección Galicia Histórica, co título "Los judíos en Galicia (1044-1492)". Esta obra foi galardonada en Israel co Premio Samuel Toledano (Jerusalén, 2008). Gloria de Antonio é tamén autora de numerosos capítulos de libros e artígos publicados en diversas revistas de ámbito nacional e internacional, así como de varias monografías de carácter xeral. Cabe mencionar, entre elas, "Os xudeos de Galicia" (Santiago, 2002). Forma parte desde o ano 2000 dos equipos de investigación do Instituto de Estudos Galegos "Padre Sarmiento" (CSIC-Xunta de Galicia), participando específicamente nos traballos vinculados ao Dicionario Biográfico da Galicia dos Trastámara (1469-1480), proxecto financiado pola Fundación Pedro Barrié de la Maza. Achegamos de seguido algunhas das colaboracións da Profesora Gloria de Antonio no semanario israelí AURORA PICAR AQUI

07/01/10

Exposición en Ourense



Con motivo da conmemoración o vindeiro 27 de Xaneiro do Día Internacional de Recordo e Homenaxe ás Vítimas do Holocausto, e organizada pola Asociación Galega de Amizade con Israel-AGAI, terá lugar en Ourense entre os días 16 e 29 de Xaneiro, a Exposición "Testemuñas do Holocausto". Exposición que ficará aberta ao público nos salóns do Liceo de Ourense. De seguido podes ver onde fica o Liceo:



Visualizar o mapa ampliado

04/12/09

Presentación do novo libro en Vigo



Presentación en Vigo do libro Judios e Inquisición en Ribadavia. De Gloria de Antonio editado polo Concello de Ribadavia (2009)

Terá lugar o vindeiro día 9 de Decembro, mércores, ás 20:00 horas na Galería Sargadelos en Vigo, sita na rúa Urzaiz 17 baixo. Podes ver no plano a súa ubicación:





Ver mapa más grande

Presenta: Natalia Costas. Socia de AGAI y membro do Padroado da Fundación Enclave

Intervén: Gloria de Antonio Rubio. Doutora en Historia Medieval (UNED, 2002) coa tese "Comunidades judias en Galicia (siglos XI — XV)", dirixida polo Doutor Enrique Cantera Montenegro. Posteriormente, no ano 2006, foi publicada pola Fundación Pedro Barrié de la Maza, dentro da colección Galicia Histórica, co título "Los judíos en Galicia (1044-1492)". Esta obra foi galardonada en Israel co Premio Samuel Toledano (Jerusalén, 2008). Gloria de Antonio é tamén autora de numerosos capítulos de libros e artígos publicados en diversas revistas de ámbito nacional e internacional, así como de varias monografías de carácter xeral. Cabe mencionar, entre elas, "Os xudeos de Galicia" (Santiago, 2002). Forma parte desde o ano 2000 dos equipos de investigación do Instituto de Estudos Galegos "Padre Sarmiento" (CSIC-Xunta de Galicia), participando específicamente nos traballos vinculados ao Dicionario Biográfico da Galicia dos Trastámara (1469-1480), proxecto financiado pola Fundación Pedro Barrié de la Maza.

Achegamos de seguido algunhas das colaboracións da Profesora Gloria de Antonio no semanario israelí AURORA PICAR AQUI