20/08/21

Comunicado de AGAI

 


EN RELACIÓN CO CURSO PROGRAMADO POLA FACULTADE DE FILOLOXÍA DA USC.

Mentres que diferentes organizacións internacionais e na comunidade académica existe un consenso maioritario en considerar como unha forma clara de antisemitismo contemporáneo a banalización do Holocausto e, entre elas, a comparación do Xenocidio xudeu co conflito israelí-palestino, a Universidade de Santiago decidiu levar a cabo a ignominia e convertela en materia. O curso “Auschwitz/Gaza. A testing ground for comparative literature” (G5041609) programado pola Facultade de Filoloxía da USC segue esta estela convertendo esta ferinte banalización da Shoah non só nunha afrenta ás vítimas do maior crime xamais cometido, senón tamén nun insulto á intelixencia e nunha vergoña para Galicia.

Nin o momento elixido, nin o título escollido son casuais, por iso fan máis execrable a decisión de realizar o devandito curso.

Cremos que estudar toda a literatura é enriquecedor, usala para comparar o incomparable non é máis que un exercicio de covardía onde se intenta ocultar a xudeofobia actual. Non esquezamos que a Shoah foi planificada por unha elite de doutores e catedráticos universitarios. Hoxe a xudeofobia tenta agocharse, pero tamén está presente no ámbito universitario.

Por todas estas razóns, por sentido común e por dignidade pedimos a retirada do curso.

Vigo, 20 de agosto de 2021


28/11/19

Todá rabá


Grazas Israel. Todá rabá.
Pedro Gómez-Valadés, presidente de AGAI
 

27/11/19

Encontro de AGAI no Ministerio de Asuntos Exteriores de Israel





Encontro no Ministerio de Asuntos Exteriores de Israel wn Xerusalén entre o presidente de AGAI, Pedro Gómez-Valadés e responsables de diversos departamentos e grandes amigos de AGAI como son Einat Kranz-Neiger, Hamutal Rogel Fuchs e Yinam Cohen. LeHitraot!