04/09/19

Monforte: Acto homenaxe aos xudeus monfortinos



O Concello de Monforte conmemora este venres, día 6 de setembro, o Día Europeo da Cultura Xudía cun acto que se desenvolverá ás 19 horas na Rúa Falagueira de Monforte, a carón do nº 9.

O acto estará presidido polo Alcalde da cidade, Xosé Tomé Roca, e consistirá na plantación dun olivo e no descubrimento dun monolito cunha placa conmemorativa, así como a lectura dun texto de homenaxe ao pobo xudeu.

Este evento, aberto á participación de toda a cidadanía de Monforte e de toda Galicia, será un acto homenaxe en lembranza da comunidade xudía e xudeu conversa monfortina que, ao longo dos séculos, coas súas vivencias e co seu traballo, contribuíron á construción e á existencia de Monforte de Lemos.