30/09/10

O exemplo do kibbutz israelí


Por Pablo Veiga, socio de AGAI
http://www.terrachaxa.com/
.
Recentemente visitei durante doce días Israel, ese descoñecido país que adoitamos asociar coa palabra conflito, principalmente. Propio deste territorio é o Kibbutz –Kibbutzin en plural-. Unha fórmula única de traballar a terra e que, considero eu, podería ser un modelo a estudar en profundidade, porque creo que as características e sobre todo, os resultados, avalan este método de produción agrícola. Pero que son realmente?.
.
Moi resumido, o Kibbutz é unha agrupación de persoas e familias que traballan de forma colectiva. Baseada na axuda mútua e na propiedade conxunta dos bens, a igualdade e a cooperación, a traducción literal sería asentamento comunal, e a súa singularidade dedúcese da idea que “de cada cal conforme ás súas posibilidades, a cada cal conforme ás súas necesidades”. As decisións tómanse de xeito democrático e asemblear.
.
Cen anos levan funcionando no estado de Israel. Actualmente, en 273 Kibbutzim espallados ao longo deste país cun tamaño un pouco inferior a Galicia viven 120 mil persoas, un 16 por cento non superan os dezaoito anos de idade –nos nosos pobos, esa porcentaxe é moi inferior e en constante descenso-. A poboación dos Kibbutzim varía. Desde os trinta habitantes do máis pequeno ata os mil dous centos do máis poboado. O valor desta modalidade xa hai que buscalo nos seus inicios, cun entorno sumamente hostil, caracterizado pola xeral pobreza das terras a cultivar, condicións climáticas rigorosas, enfermidades, así como a permanente ameza bélica á que se veu sometido o Estado israelí desde a súa creación en 1.948. Tales adversidades só se podían afrontar cunha colonización de forma colectiva. As aventuras individuais estarían condenadas a un estrepitoso fracaso.
.
A característica fundamental do Kibbutz versa en que o individuo queda supeditado ao interese xeral do grupo, da colectividade. Evidentemente, o éxito desta iniciativa radica na forte carga ideolóxica, así como uns valores e conviccións moi arraigados dos seus membros. Os Kibbutzim evolucionaron neste século de vida. Pasaron por fases críticas, de enriquecedores e polémicos debates e as inevitables adaptacións ós novos tempos. O lema renovarse ou morrer tivo que ser aplicado. Hoxe en día, o carácter agrario continúa, mais non somentes se dedican a cultivar produtos alimenticios e criar gando, senón que a súa economía diversificouse de forma espectacular. Novos sectores teñen un considerable peso específico, como o turismo ou a industria. Incluso algúns deles –pode sorprender desde a nosa perspectiva- acreditan notables éxitos nas novas tecnoloxías, no desenvolvemento de centros comerciais, na promoción inmobiliaria ou en actividades artísticas.
.
A produtividade e satisfacción dos seus membros é unha realidade. Os salarios, polo xeral, segundo estudos, non son inferiores ós 1300 €uros mensuais nun país co custe da vida similar ó español (cal é a media de ingresos das familias do agro galego?). Non é de estranar a influencia na economía do Estado de Israel. O 5,2 por cento do produto interior bruto e o 9 por cento da produción industrial –sinálese que non chegan ó dous por cento da población total do país- apórtano os Kibbutzim. As exportacións ó estranxeiro alcanzaron os 3.400 millóns de €uros. Son propietarios de tres centenares de fábricas e empregan 41 mil traballadores. Un tercio da produción agrícola de Israel ven dos Kibbutzim. Normal que se fixera realidade o obxectivo dos pioneiros, chegados de moi diversas partes do mundo, de florecer o deserto. A día de hoxe, Israel case produce a totalidade de alimentos que consome.
.
As cifras son elocuentes. Por elo, considero este modelo válido como exemplo de traballo en comunidade, de solidariedade e de solvencia económica. As ideas socialistas desenvolvidas con éxito nunha sociedade capitalista. Os resultados acadados son destacados. Compárese co noso agro, en constante despoboamento, envellecemento galopante, abandono de explotacións e cuns beneficios desproporcionadamente escasos respecto ó esforzo e dedicación dos nosos labregos e gandeiros. Claro que aquí temos cooperativas, sociedades agrarias de transformación e outras iniciativas moi loables. Pero son unha excepción. Seguimos desconfiando das alianzas. Apostamos polo individualismo e por unha falsa competitividade que non conduce a nada positivo. E por suposto, unha falta de apoio real e efectivo das distintas administracións.
.
Temos un modelo que funciona, con dificultades tamén, pero que evolucionou e se adaptou. Un exemplo de como desde a produción agraria e gandeira se diversifica cara outros sectores innovadores que acadan uns beneficios económicos evidentes. En cada parroquia galega podía existir un Kibbutz ou algo semellante. Outro galo cantaría; a paisaxe humana, socio-económica e a calidade de vida sería ben diferentes. Pero a liña seguida neste País foi por noutro sentido. E á vista dos resultados, non semellou ser a máis acertada.
.
Lugo, Setembro 2010

29/09/10

Lugo e Xerusalén


Por Andrés Pavón, socio de AGAI
.
O pasado día sete do presente mes celebrouse o Día da Cultura Xudea en Europa. Na cidade de Lugo coido que ninguén se enterou, se ben é certo que na urbe non hai indicios da presenza histórica do pobo hebreo e, de habelos, non se fai nada por dalos a coñecer. Tamén é lóxico pensar que o total entreguismo dos responsables municipais hacia China impide que a capital da provincia poida ter calquera outro tipo de relacións internacionais e moito menos cun país pequeno como é Israel. Qué lle imos facer. Caso distinto foi en de Monforte de Lemos, onde houbo unha visita guíada polo antigo barrio xudeu da cidade do Cabe e con presenza de membros da comunidade israelí en España. Non é que os medios de comunicación lle deran demasiada cobertura a ese acto pero optarei por pensar que se debeu a que o grande centro hebreo de Galicia está en Ribadavia. Agardemos que para 2009, se a actualidade o permite, se teña máis en conta este tema; “o vindeiro ano, en Xerusalén” como rezaron os xudeus durante dezanove séculos.
.
Personaxes como Baruch de Spinoza, Benxamín de Tudela, Sigmund Freud ou Franz Kafka -todos eles de orixe hebreo- e moitos centenares máis fixeron importantísimas aportacións á cultura e ó pensamento europeo. Conviría, xa que logo, que dende o concello e mesmo dende a Deputación se estudase en profundidade a pegada que os xudeus deixaron en Lugo e o seu entorno. Por suposto que o legado romano é máis importante pero, igual que en calquera lugar do mundo é fácil atopar un lucense, o mesmo pasa cos israelitas polo que, a pouco que se investigue, han aparecer vestixios do chamado pobo elexido. Fago esta insuficiente loubanza dos xudeus porque, dende hai moito tempo, detecto nas conversacións dos bares de Lugo (onde, para min, se reflexa de forma importante a opinión pública) un indisimulado desprecio hacia os hebreos, cando non un claro antisemitismo. Expresións como “Hitler deixou o traballo a medias” ou unha lectura simplista do conflicto israelo-palestino entendéndoo como unha loita dos bos contra os malos (cos xudeus de malos, claro) son habituais en moitas tertulias de barra de bar. Por suposto que os xudeus cometeron, cometen e cometerán erros colectivos como calquera pobo pero, botando a vista atrás, coido que polo moito que teñen aportado a esa Europa que tentamos construir deberamos ser respetuosos con eles e recoñecelos como unha parte máis da nosa historia. Eso si, co permiso dos curas que, ata non hai moito, facíanos rezar os venres polos “pérfidos xudeus”.
* Andrés Pavón é xornalista

Discurso de Avigdor Liberman en Nacións Unidas


Discurso do Ministro de Relacións Exteriores de Israel, Avigdor Liberman, na Asemblea Xeral de Nacións Unidas
.

28 de setembro, 2010

Sr. Presidente da Asemblea,
Estimados colegas,
Damas e cabaleiros:
.
Onte, ao arribar a Nova York, comunicouse comigo un dos xefes das organizacións xudías e preguntoume como enfronto a presión que se exerce cara a Israel. Por suposto que iso é moi difícil, díxome. Lembrei entón un vello chiste sobre cinco xudeus que cambiaron o noso modo de ver o mundo:
Moshe Raveinu, a lei é todo.
Yehoshua, o amor é todo.
Marx, o diñeiro, respondería sobre todo.
Freud, todo é sexo e
Einstein, todo é relativo.
.

Entón respondín, ao meu interlocutor, que todo é relativo. Por unha banda, iso é, en verdade, moi difícil. Por outro, é máis fácil que no pasado xa que, agora, contamos cunha coalición e goberno estable e o apoio da maioría dos cidadáns de Israel.
.
Estamos dispostos a unha solución lóxica e a cooperar coa comunidade internacional. Pero non estamos dispostos a renunciar á seguridade ou aos intereses vitais do Estado de Israel. Desde as miñas palabras iniciais, pretendo destacar que, en contradición coa imaxe que, en moitas ocasións, mostran os medios internacionais, o espectro político en Israel non se divide entre os que queren os que se opoñen á paz. Todos queremos a paz e a diferenza céntrase na pregunta sobre como actuar tras o obxectivo de alcanzar a paz; sobre como chegar á situación de seguridade e estabilidade na nosa rexión. Por tanto a pregunta que se nos presenta é: Por que, durante os dezasete anos que transcorreron desde que asinamos os Acordos de Oslo, non chegamos a un acordo integral que dese por finalizado o conflito e a concesión, mutua, sobre futuras novas demandas?

.

A pesar dos esforzos, por parte de excelentes persoas e, a pesar das mellores intencións de personalidades como Itzhak Rabin, Shimon Peres, Biniamin Netanyhau, Ehud Barak, Ariel Sharon e Ehud Olmert; a pesar dos encontros-cumio celebrados en Camp David (entre Ehud Barak e Yasser Arafat con presenza do Presidente de Estados Unidos de entón, Bill Clinton) e a pesar do Cumio de Annápolis (con presenza de Ehud Olmert e Mahmmud Abbas) aínda estamos ante un pozo cego.
.
De feito, e contrariamente á idea xeneralizada que, o conflito israelí-palestino é o que ocupa o foco da inestabilidade no medio Oriente, ou que -ese conflito- constitúe o motivo de moitos outros nesta parte do mundo, a realidade é diferente. Máis do 90% dos enfrontamentos armados e as guerras no medio Oriente, como as súas vítimas desde a Segunda Guerra Mundial non é resultado do conflito entre Israel e os palestinos e non teñen ningunha relación co Estado de Israel senón que xurdiron a partir dos conflitos inter musulmáns ou nos países árabes entre si.

.

A guerra de Irán-Iraq, a guerra do Golfo, as guerras entre o norte e sur de Iemen, os masacres perpetrados na cidade de Hama en Siria e as guerras en Alxeria e Líbano, son só algúns exemplos tomados dunha lista moito máis longa.
.

A segunda explicación, ao tan longo enfrontamento entre Israel e os palestinos, que obtivo gran popularidade, é o que impón as raíces do problema no que denomina "a ocupación"; é dicir nas localidades establecidas nos territorios de Judea e Samaria e nos propios colonos. Segundo ese pensamento só o establecemento dun estado palestino independente, en Judea e Samaria e Gaza, poderá representar unha garantía á paz na rexión. Abonda con citar algunhas evidencias coñecidas por todos a fin de por en cuestion esa concepción errónea: primeiro, Judea e Samaria estiveron baixo control árabe durante dezanove anos (1948 até 1967). Nese período de tempo ninguén traballou a favor do establecemento dun estado palestino. Os acordos de paz -con Exipto e Xordania- concretáronse a pesar de Judea e Samaria. E. tamén o contrario é correcto: Desaloxamos vinteunha prósperas localidades desde Gush Katif e desconectamos a máis de 10.000 colonos dos seus fogares e das súas localidades en Gaza e todo o que obtivemos foi o fortalecemento do goberno de Hamas e os lanzamentos de miles de mísiles a Sderot e o sur de Israel.
.

Outro argumento sostén que a cuestión palestina impide a creación dun ámbito internacional firme contra Irán. Ese argumento non só é equivocado senón irresponsable. Do mesmo xeito pode afirmarse que, a cuestión palestina, impide a acción contra Corea do Norte, a loita contra os piratas en Somalia, unha acción para a solución á crise humanitaria en Sudán ou un exitoso enfrontamento co desafío de Afganistán. Do mesmo xeito que a Revolución de Khomenei non tivo ningunha vinculación coa cuestión palestina, a decisión iraniana de desenvolver armas atómicas non tivo ningunha relación co conflito palestino. En realidade, a relación de Irán co conflito israelí-palestino é todo o contrario. Irán pode sobrevivir sen Hamas, a Jihad Islámica ou Hezbollah pero, as organizacións terroristas, non poden subsistir sen Irán.
.

Con esa axuda Irán pode frustrar, en calquera momento, todo acordo entre Israel e os palestinos ou entre Israel e Líbano. Por iso, no marco dun acordo estable cos palestinos que se ocupe das verdadeiras raíces do conflito e sexa sustentable no tempo, debe entenderse que, en principio, debe resolverse o problema iraniano. Hai que ocuparse das raíces do problema e non dos seus sinais. Por suposto que hai outros temas que obrigan a unha solución e a solución do problema iraniano non é unha condición suficiente para terminar co conflito entre Israel e os palestinos. Pero, o meollo do problema iraniano é unha das condicións necesarias para a solución do conflito entre Israel e os palestinos.

.

No intento por responder, ao conflito entre Israel e os palestinos, debemos enfrontarnos a problemas de dous tipos: emotivos e prácticos. Por tanto a solución debe levar a cabo en dúas etapas. Os problemas emotivos son, en primeiro lugar, a ausencia absoluta de confianza entre as partes e temas como Xerusalén, o recoñecemento de Israel como estado nacional do pobo xudeu e o problema dos refuxiados. Nesas condicións, poderemos concentrarnos nun acordo intermedio a longo prazo, por un período de, só, algunhas décadas.

.

Debe xurdir unha nova xeración que poidan crear confianza mutua e non influenciada por provocacións ou mensaxes extremistas. A fin de chegar a un acordo estable, debemos comprender que, o primeiro obstáculo práctico, para o alcance dun acordo é a fricción entre os dous pobos. Como en calquera outra parte do mundo, cando existen dous pobos, dúas relixións e dúas linguas, que elevan demandas contrarias sobre a mesma porción de terra, xorden choques e enfrontamentos. É posible nomear exemplos de conflitos étnicos ao longo do mundo que proban ese argumento: nos Balcáns, o Cáucaso, África, o Afastado Oriente ou Medio Oriente. Cando se logra crear unha situación de separación eficaz entre dúas poboacións, os enfrontamentos evitáronse, resolveron ou desenvolveron en medida significativa. Abonda con mencionar os exemplos da ex Iugoslavia, a partición de Checoslovaquia ou a independencia de Timor Oriental.
.
Por iso, o principio reitor para alcanzar un acordo estable non é territorios a cambio de paz, senón intercambio de territorios poboados. Espero que as miñas palabras sexan entendidas con claridade: non me refiro a traspasos de poboación senón correr os límites, deixando ao descuberto, do mellor xeito, a realidade demográfica.
.

Damas e cabaleiros,
.

Os temas presentados non representan unha visión fantasiosa e xeran menos divisións do que moitos pensan. De feito, esa idea segundo a cal a inadecuación entre as liñas fronteirizas e as rexións poboadas constitúe unha receita certeira de conflitos é, desde sempre, unha trivialidade coñecida por todos no mundo académico. Expertos líderes e respectables institutos de investigación naturalizaron o termo Right Sizing the State, determinación aplicada dos límites do país, a fin de expresar a idea que debe xerarse un equilibrio xusto entre estado e pobo co obxectivo de garantir a paz. Non se trata dunha política suxeita a diferenzas senón dunha verdade empírica.
.

Con todo, máis aló da verdade empírica, está a verdade histórica: transcorreron case 4000 anos de presenza do pobo xudeu na Terra de Israel e do desenvolvemento dos seus tesouros morais, espirituais e nacionais que achegaron ao florecemento de Occidente.
.

2000 anos de Diáspora, períodos de conquista e goberno estranxeiro dos bizantinos, árabes, otománs e outros, non lograron, e non lograrán nunca, desconectar a poderosa vinculación, inalterable, entre o pobo xudeu e a súa terra.

.

A pregunta sobre a Terra de Israel non se relaciona só co sitio onde nos atopamos. A Terra de Israel vincúlase á nosa esencia. Para finalizar as miñas palabras, desexo lembrar a todos os presentes na sala, que a cita que decora a entrada de Nacións Unidas fora deste edificio, foi dita en Xerusalén hai 3000 anos, polo noso Profeta Isaías. "Das espadas forxarán arados; das lanzas, podaderas".
.
Inspirados na profunda sabedoría escondida nesas palabras, oremos porque o camiño, que conduce á paz verdadeira, segundo a visión do Profeta Isaías, oriente aos dous pobos, cara ao establecemento de dous estados nacionais que vivan un xunto ao outro, en paz e seguridade.
.
Moitas grazas.
.

Fonte: Ministerio de Relacións Exteriores de Israel (29-9-10)
.
***
.
Avigdor Liberman en Naciones Unidas
Discurso del Ministro de Relaciones Exteriores
Ante la Asamblea General de Naciones Unidas
Ministro Avigdor Lieberman.
28 de septiembre, 2010

Sr. Presidente de la Asamblea,
Estimados colegas,
Damas y caballeros:

Ayer, al arribar a Nueva York, se comunicó conmigo uno de los jefes de las organizaciones judías y me preguntó ¿cómo enfrento la presión que se ejerce hacia Israel? Por supuesto que eso es muy difícil, me dijo. Recordé un viejo chiste sobre cinco judíos que cambiaron nuestro modo de ver el mundo:
Moshe Raveinu, la ley es todo.
Yehoshua, el amor es todo.
Marx, el dinero, respondería sobre todo.
Freud, todo es sexo y
Einstein, todo es relativo.

Entonces respondí, a mi interlocutor, que todo es relativo. Por un lado, eso es, en verdad, muy difícil. Por otro, es más fácil que en el pasado ya que, ahora, contamos con una coalición y gobierno estable y el apoyo por parte de la mayoría de los ciudadanos de Israel.

Estamos dispuestos a una solución lógica y a cooperar con la comunidad internacional. Pero no estamos dispuestos a renunciar a la seguridad o a los intereses vitales del Estado de Israel.

Desde mis palabras iniciales, pretendo destacar que, en contradicción con la imagen que, en muchas ocasiones, muestran los medios internacionales, el espectro político en Israel no se divide entre los que quieren los que se oponen a la paz. Todos queremos la paz y la diferencia se centra en la pregunta sobre cómo actuar tras el objetivo de alcanzar la paz; sobre cómo llegar a la situación de seguridad y estabilidad en nuestra región. Por tanto la pregunta que se nos presenta es: ¿Por qué, durante los diecisiete años que transcurrieron desde que firmamos los Acuerdos de Oslo, no llegamos a un acuerdo integral que diera por finalizado el conflicto y la concesión, mutua, sobre futuras nuevas demandas? A pesar de los esfuerzos, por parte de excelentes personas y, a pesar de las mejores intenciones de personalidades como Itzhak Rabin, Shimon Peres, Biniamin Netanyhau, Ehud Barak, Ariel Sharon y Ehud Olmert; a pesar de los encuentros- cumbre celebrados en Camp David (entre Ehud Barak y Yasser Arafat con presencia del Presidente de Estados Unidos de entonces, Bill Clinton) y a pesar de la Cumbre de Anápolis (con presencia de Ehud Olmert y Mahmmud Abbas) aún estamos ante un pozo ciego.

De hecho, y en contrario a la idea generalizada que, el conflicto israelí-palestino es el que ocupa el foco de la inestabilidad en Medio Oriente, o que - ese conflicto- constituye el motivo de muchos otros en ésta parte del mundo, la realidad es diferente. Más del 90% de los enfrentamientos armados y las guerras en Medio Oriente, como sus víctimas desde la Segunda Guerra Mundial no es resultado del conflicto entre Israel y los palestinos y no tienen ninguna relación con el Estado de Israel sino que surgieron a partir de los conflictos entre musulmanes o en los países árabes entre sí. La guerra de Irán-Irak, la guerra del Golfo, las guerras entre el norte y sur de Yemen, las masacres perpetradas en la ciudad de Hama en Siria y las guerras en Argelia y Líbano, son solo algunos ejemplos tomados de una lista mucho más larga.

La segunda explicación, al tan largo enfrentamiento entre Israel y los palestinos, que obtuvo gran popularidad, es el que impone las raíces del problema en lo que llama “la ocupación”; es decir en las localidades establecidas en los territorios de Judea y Samaria y en los propios colonos. Según ese pensamiento solo el establecimiento de un estado palestino independiente, en Judea y Samaria y Gaza, podrá representar una garantía a la paz en la región. Alcanza con citar algunas evidencias conocidas por todos a fin de cuestionar esa concepción errónea: primero, Judea y Samaria estuvieron bajo control árabe durante diecinueve años (1948 hasta 1967). En ese período de tiempo nadie trabajó a favor del establecimiento de un estado palestino. Los acuerdos de paz - con Egipto y Jordania- se concretaron a pesar de Judea y Samaria. Y. también lo contrario es correcto: Desalojamos veintiún prósperas localidades desde Gush Katif y desconectamos a más de 10.000 colonos de sus hogares y de sus localidades y todo lo que obtuvimos fue el fortalecimiento del gobierno de Hamas y los lanzamientos de miles de misiles a Sderot y el sur de Israel.

Otro argumento sostiene que la cuestión palestina impide la creación de un ámbito internacional firme contra Irán. Ese argumento no solo es equivocado sino irresponsable. Del mismo modo puede afirmarse que, la cuestión palestina, impide la acción contra Corea del Norte, la lucha contra los piratas en Somalia, una acción para la solución a la crisis humanitaria en Sudán o un exitoso enfrentamiento con el desafío de Afganistán. Al igual que la Revolución de Khomenei no tuvo ninguna vinculación con la cuestión palestina, la decisión iraní de desarrollar armas atómicas no tuvo ninguna relación con el conflicto palestino.En nombre de la verdad, la relación de Irán con el conflicto israelí-palestino es todo lo contrario. Irán puede sobrevivir sin Hamas, la Jihad Islámica o Hezbollah pero, las organizaciones terroristas, no pueden subsistir sin Irán. Con esa ayuda Irán puede frustrar, en cualquier momento, todo acuerdo entre Israel y los palestinos o entre Israel y Líbano. Por ello, en el marco de un acuerdo estable con los palestinos que se ocupe de las verdaderas raíces del conflicto y sea sostenible en el tiempo, debe entenderse que, en principio, debe resolverse el problema iraní. Hay que ocuparse de las raíces del problema y no de sus señales.
Por supuesto que hay otros temas que obligan a una solución y la solución del problema iraní no es una condición suficiente para terminar con el conflicto entre Israel y los palestinos. Pero, el meollo del problema iraní es una de las condiciones necesarias para la solución del conflicto entre Israel y los palestinos.

En el intento por responder, al conflicto entre Israel y los palestinos, debemos enfrentarnos a problemas de dos tipos: emotivos y prácticos. Por tanto la solución debe llevarse a cabo en dos etapas. Los problemas emotivos son, en primer lugar, la ausencia absoluta de confianza entre las partes y temas como Jerusalén, el reconocimiento de Israel como estado nacional del pueblo judío y el problema de los refugiados. En esas condiciones, podremos concentrarnos en un acuerdo intermedio a largo plazo, por un período de, solo, algunas décadas. Debe surgir una nueva generación que puedan crear confianza mutua y no influenciada por provocaciones o mensajes extremistas.

A fin de llegar a un acuerdo estable, debemos comprender que, el primer obstáculo práctico, para el alcance de un acuerdo es la fricción entre los dos pueblos. Como en cualquier otra parte del mundo, cuando existen dos pueblos, dos religiones y dos lenguas, que elevan demandas contrarias sobre la misma porción de tierra, surgen roces y enfrentamientos. Es posible nombrar ejemplos de conflictos étnicos a lo largo del mundo que prueban ese argumento: en los Balcanes, el Cáucaso, África, el Lejano Oriente o Medio Oriente. Cuando se logra crear una situación de separación eficaz entre dos poblaciones, los enfrentamientos se evitaron, resolvieron o desarrollaron en medida significativa. Alcanza con mencionar los ejemplos de la República de la ex Yugoslavia, la partición de Checoslovaquia o la independencia de Timor Oriental. Por ello, el principio rector para alcanzar un acuerdo estable no es territorios a cambio de paz, sino intercambio de territorios poblados. Espero que mis palabras sean entendidas con claridad: no me refiero a traspasos de población sino correr los límites, dejando al descubierto, del mejor modo, la realidad demográfica.

Damas y caballeros,

Los temas presentados no representan una visión fantasiosa y generan menos divisiones de lo que muchos piensan. De hecho, esa idea según la cual la inadecuación entre las líneas fronterizas y las regiones pobladas constituye una receta certera de conflictos es, desde siempre, una trivialidad conocida por todos en el mundo académico. Expertos líderes y respetables institutos de investigación naturalizaron el término “Right Sizing the State”, determinación aplicada de los límites del país, a fin de expresar la idea que debe generarse un equilibrio justo entre estado y pueblo con el objetivo de garantizar la paz. No se trata de una política sujeta a diferencias sino de una verdad empírica. Sin embargo, más allá de la verdad empírica, está la verdad histórica: transcurrieron casi 4000 años de presencia del pueblo judío en la Tierra de Israel y del desarrollo de sus tesoros morales y espirituales que aportaron al florecimiento de Occidente. 2000 años de Diáspora, períodos de conquista y gobierno extranjero de los bizantinos, árabes, otomanos y otros, no lograron, y no lograrán nunca, desconectar la poderosa vinculación, inalterable, entre el pueblo judío y su tierra.
La pregunta sobre la Tierra de Israel no se relaciona solo con el sitio donde nos hallamos. La Tierra de Israel se vincula a nuestra esencia.

Para finalizar mis palabras, deseo recordar a todos los presentes en la sala, que la cita que decora la Explanada de Naciones Unidas fuera de éste edificio, fue dicha en Jerusalén hace 3000 años, por nuestro Profeta Isaías. De las espadas forjarán arados; de las lanzas, podaderas".

Inspirados en la profunda sabiduría escondida en esas palabras, oremos porque el camino, que conduce a la paz verdadera, según la visión del Profeta Isaías, oriente a los dos pueblos, hacia el establecimiento de dos estados nacionales que vivan uno junto al otro, en paz y seguridad.

Muchas gracias.

24/09/10

Pablo Veiga desde Israel (II)

Pablo Veiga desde o Kotel, o corazón de Jerusalem e de Israel
.

Quo vadis, Jerusalem

Creo que era o título dunha película –descúlpeseme a miña ignorancia cinéfila-. Pero ven como anel ao dedo para tratar de respostar ao interrogante sobre o futuro desta cidade milenaria, chamada Jerusalem. Cargada de historia, nela atópanse lugares santos para varias relixións e os seus respectivos crentes sendo obxecto de disputa desde tempos inmemoriables.
.
Cinco días como visitante semellan insuficientes para realizar unha valoración ampla e obxectiva. Difícil resulta contestar a esa pregunta coa que titulo esta crónica. Aínda así, arriscarémonos. Non teño clara a resposta sobre o futuro de Jerusalem. Quen a terá?... Pero si estou seguro do que esta urbe, cos seus setecentos mil habitantes actuais, non quere ser. En primeiro lugar, Jerusalem non quere que se fagan máis guerras no seu nome. Jerusalem non quere ser testemuña de comportamentos e actitudes intolerantes cara calquera persoa ou colectivo, nin discriminacións por razóns de credos, razas, sexos, nacionalidades. Jerusalem non quere que polas súas rúas reine a imposición. Jerusalem non quere perder esa maxia que encerra a súa cidade vella, nin deixar de ser destino de peregrinacións daqueles que buscan un sentido trascendental ás súas vidas, nin perder a misticidade que rodean os distintos cultos que nela se celebran.
.
Jerusalem tampouco quere renunciar a ser unha cidade moderna e vangardista, que combina o seu histórico pasado co inevitable progreso. E Jerusalem non quere, baixo ningún concepto, deixar de ser a Capital de Israel.
.
Quo vadis, Jerusalem. Os tempos dirán. Pero Jerusalem sabe onde non quere chegar. Teno tan claro e a súa decisión é tan firme que lle servirá para disuadir a aqueles que anhelan un futuro totalmente distinto para ela non acaden as súas metas.

Os Sambenitos de Tui





Por Carlos Galansky Koper
*
.
O pasado día 4 de setembro, no marco dos programas de actos desenvolvidos por mor da Xornada europea da Cultura Xudía, realizouse unha visita guíada á colección de Sambenitos do Museo Diocesano de Tui. A existencia destes Sambenitos débese ao ollo avisor de D. Rafael Sánchez Bargiela a quen lle foi encomendada a tarefa de "baleirar unha vella dependencia do que é hoxe o Arquivo Catedralicio concretamente a chamada Contaduría. No medio de vellos libros litúrxicos, de sacras, de estolas descoloridas e artículos de ornamentación relixiosa apareceu un rolo de tea, con inequívocos sinais de levar moitos anos esperando que alguén reparase no seu ostracismo". Concretamente estes Sambenitos son de entre 1.617 a 1.622, é dicir, estiveron máis ou menos 380 anos esperando a saír á luz. Hoxe están expostos en cinco paneis cun total de 14 Sambenitos. As familias afectadas son os Méndez e Coronel. Ademais do impacto visual que impón velos en directo, existe un libro editado polo propio Museo Diocesano de Tui, "Los Sambenitos", escrito polo profesor D. Jesús Casás Otero de moi recomendábel lectura, previa compra no propio museo. O seu autor foi o guía que expuxo, de xeito moi interesante e ameno, a historia destes auténticos documentos históricos de incalculábel valor. Trátase dunha visita indispensábel para todos aqueles que queiran coñecer un poco máis da fonda pegada xudía en Galicia.
* Carlos Galansky Koper é socio de AGAI
.
Máis información:

11/09/10

Estudo sobre Antisemitismo en España (2010)


O pasado mércores día 8 foi presentado en Madrid o "Estudio sobre antisemitismo en España" encargado por Casa Sefarad-Israel e presentado polo Ministro de Asuntos Exteriores, Miguel Angel Moratinos. Unha das principais conclusións a tirar do Estudo é que a opinión sobre os xudeus vén en grande medida determinada pola percepción que en España se teña da política israelí en Oriente Medio, un resultado que poidemos considerar vén determinado fundamentalmente por tres elementos:
1. A confusión, por claro descoñecemento, entre xudeus e Israel por amplos sectores da sociedade española.
2. O Estudo non analiza coa profundidade debida que é o que determina a opinión dos españois sobre os xudeus, cantos dos enquisados coñecen persoalmente a un xudeu, etc. Non é desde logo descubir a pólvora se dicimos que é a influencia da sistemática propaganda anti-israelí travestida de "información do conflito" da gran maioría dos medios de comunicación españois sob a coartada da defensa da causa palestina, é a que condiciona de xeito fundamental a opinión do cidadán. Informacións nas que con preocupante frecuencia empréganse ideas, argumentarios e iconografías abertamente antisemitas para "infomar" sobre Israel.
3. O Estudo tampouco trata a cuestión da importancia da influencia dos prexuízos antixudeus e antisemitas nas actitudes dos españois cara a Israel. Para quen poida crer que o antisemitismo é consecuencia da política de Israel, convén lembrar que desde moito antes da creación e independencia do Estado de Israel había xa antisemitismo en España. É especialmente preocupante é o feito de que un 11% (un de cada nove) dos enquisados opine que "Israel debe desaparecer".
Pode descargar o estudo completo en formato pdf:
Descargar AQUI a enquisa completa

04/09/10

Pablo Veiga desde Israel (I)

Pablo Veiga a carón do busto de David Ben Gurión


As miñas primeiras horas en Israel.
Por Pablo Veiga. Socio de AGAI

Xa van dous días completos na cidade de Tel Aviv. Sol e calor, moita calor. Tivemos a ocasión para realizar un percorrido nun bus turístico. Comprobei que se trata dunha urbe moderna, moi do estilo de calquera do mediterráneo español de poboación similar. Deime un baño nas súas praias, enormes, ben preparadas e coa temperatura da auga moi superior á que sufrimos este verán no atlántico galego. Moita viveza e ambiente nas súas rúas. Moita xente nova.

Tamén utilicei o pateo, máis cansino pero camiñando ó lado da xente tense unha perspectiva máis achegada que desde a altura dun autobús. Atopeime con algunha persoa que falaba español. En concreto, un par de arxentinos e un uruguaio. Algún deles con catro décadas vivindo en Israel. Lamentábanse de seren os xudeos un pobo incomprendido e inxustamente tratado. Non entendían como podía ter o seu país, onde vivían na actualidade, tan mala imaxe. Laíabanse dese sentimento que os facía ser os malos no confito cos palestinos. Por iso se sorprendían que un galego escollera como destino de viaxe a Israel e lles amosase a súa amizade e solidariedade. Custáballes crelo, sinceramente. E por suposto, loubaban a Israel como nación.

As miñas primeiras horas en Tel Aviv servíronme para visitar o edificio onde se declarou a independencia de Israel. Alí estiven eu, tirando fotos, sentado nas mesmas cadeiras de madeira que aquelas persoas con David Ben Gurion ó fronte, o catorce de maio de 1.948 celebraron a histórica sesión.

Un lugar sobrio e humilde. Era significativo do que lle agardaba ó novo estado. Esforzo colectivo, sufrimento e traballo para acoller a centos de miles de xudeos que emigrarían de volta desde os máis diversos lugares, algúns sobrevivintes da maior matanza humana de tódolos tempos como foi o holocausto, a unha terra hostil. Aquela sala, de apenas cen metros cadrados, foi o xérmolo dunha idea que hoxe, sesenta e dous anos máis tarde, segue sendo unha realidade, a pesares de tódolos pesares. Unha democracia exemplar rodeada de inimigos. Un estado, unha nación, un país, un pobo que nos debería servir de exemplo en moitos aspectos

01/09/10

Shaná Tová 5771! Feliz Aninovo!!



Discurso de José María Aznar no Congreso Mundial Xudeu en Xerusalén


Congreso Mundial Xudeo
World Jewish Congress
Jerusalem
31 de Agosto de 2010
.
Texto da intervención do expresidente español José María Aznar
.
“ Quixera comezar condenando o desapiadado ataque terrorista perpetrado onte e no que faleceron catro israelís, entre eles unha muller embarazada, preto dun asentamiento xudeu próximo á cidade de Hebrón.

Quixera enfatizar, máis unha vez, o meu claro convencimento de que ninguén debería falar, nin negociar, nin ceder ante o terrorismo.

O único destino do terrorismo é ser combatido e ser derrotado.

Hoxe, como é natural, todos os nosos ollos se dirixen a Washinton DC, onde, sob os auspicios do presidente Obama, o primeiro ministro Netanyahu e o presidente da Autoridade Palestina, Mahmud Abbas, van comezar as conversas tras tantos meses en punto morto.

Malia que non estou seguro sobre a posibilidade de lograr un "acordo histórico" dadas as circunstancias do sector palestino, debemos ser optimistas. Cando menos, o mundo poderá comprobar que o goberno israelí non é o que non quere falar nin o que non está preparado para levar a cabo compromisos.

Debemos ser optimistas, mais tamén prudentes. As expectativas son demasiado altas, e como político sei ben que as grandes expectativas tenden a xerar maiores frustracións. A última vez que os líderes de Israel e da Autoridade Palestina se reuniron para tentar chegar a un acordo pacífico e duradeiro, o resultado da reunión foi precisamente o contrario: unha segunda Intifada moito máis letal que a primeira.

Pero soñemos un intre e imaxinemos que finalmente se consegue o fin da actual situación entre israelís e palestinos. Non só cambiaría o estado de cousas aquí, senón que tamén mostraría a todo o mundo o equivocados que estaban ao culpar a Israel de todas as malas accións da rexión, ou á ausencia dun acordo entre israelís e palestinos coma orixe de toda a violencia desde Marrocos ate o Hindu Kush.

O mundo podería ver que un Estado palestino tampouco aplacaría aos radicais islamistas e yihadistas cuxo obxectivo é establecer unha teocracia fundamentalista, como tampouco diminuiría as ambicións nucleares e revolucionarias do réxime iraníano, os dous verdadeiros responsábeis do futuro da rexión e do mundo.

Sexa como for, deberiamos dirixir as nosas miradas a Washington DC hoxe, non só polas conversas que alí se manteñen, senón por razóns máis profundas. Estados Unidos foi a pedra angular do mundo occidental, expandindo os nosos valores centrais de liberdade, prosperidade e dignidade humana, e protexendo a nosa seguridade fronte aos nosos inimigos. Estados Unidos desempeñou un papel vital e o noso modo de vida depende de que continúe xogando ese papel central no futuro. Algo que, na miña opinión, non está garantido

Como mostra da súa mentalidade árabe, Bin Laden dixo, cando el e os seus compañeiros celebrababan a destrución das torres xemelgas, que se alguén debe escoller entre un cabalo forte e un débil, invariablemente escollerá o forte.

Durante décadas, por non dicir séculos, o cabalo forte foi claramente Occidente. Hoxe, con todo, enfrontámonos a un contrincante.

Hai algúns aos que lles gustaría ver unha nova orde mundial onde as forzas occidentais tivesen un menor papel e influencia, como Rusia ou China, cada unha por diferentes razóns.

Hai outros aos que lles gustaría ter máis influencia, como Brasil ou, últimamente, Turquía.

E, por suposto, están aqueles a os que lles gustaría destruír o noso sistema e impor a súa visión das cousas, como os ayatolás revolucionarios de Irán ou os yihadistas dirixidos ou inspirados por Al Qaeda.

Como colofón a toda esta confusión, nós, en Occidente, estamos atravesando unha das crises económicas máis graves, por non dicir a peor, da nosa historia recente. E malia que a crise é global e afecta a todo o planeta, algúns están mellor preparados que outros para manexar as súas consecuencias. Se a crise dura demasiado, será inevitábel que se produza unha nova distribución do poder. Haberá gañadores e perdedores. Non hai dúbida diso.

Ademais, grandes sectores occidentais están sufrindo unha especie de crise de identidade. Europa é un bo exemplo. Cunha poboación menguante, un aumento da inmigración musulmá −moitos deles expostos a ideas radicais−, o multiculturalismo impúxose como a forma política correcta de manexar o desafío da convivencia entre as diferentes culturas, ate se algunhas delas non desexa integrarse ou non respecta ás demais. Refírome a que os valores xudeucristiáns son desafiados cada día e a xeración do 68 que domina os nosos liderados actuais non fai nada por defendelos.

A Europa pacifista loitou contra Occidente durante moito tempo, e por iso foi tan hipercrítica de Israel. Estados Unidos era outra historia. Cando menos ate hai pouco tempo. O presidente Obama puxo en movemento forzas que, se non son corrixidas, poderían redefinir a nación e o seu lugar no mundo de tal xeito que, na miña opinión, podería causarnos a todos grandes problemas.

Desde a súa investidura buscou unha nova relación co mundo musulmán ate o risco de socavar ao mellor aliado de Estados Unidos na rexión, como fixo con Europa ao perseguir unha nova relación con Moscú.

Parece dedicar máis tempo e enerxía a organizar a reunión de hoxe e a conseguir un novo plan de paz, que a tratar de evitar que o réxime iraníano constrúa a súa bomba.

Proxectou a imaxe de alguén que desexa fuxir dos problemas do mundo, desde Irak a Afganistán, abrazando a moitos inimigos de Estados Unidos á vez que castiga aos seus aliados tradicionais.

Non creo que os crecentes ataques para deslexitimar a Israel non estean relacionados coa crise de Occidente, e máis concretamente, coa crise de confianza que emana da Casa Branca na actualidade. Cando se percibe que o cabalo forte deixou de selo, téndese a actuar de formas impensábeis no pasado.

A nosa debilidade, percibida ou real, é a fortaleza dos nosos inimigos. Podemos queixarnos e aceptar o noso declive sen facer nada, como moitos parecen preferir, ou podemos reaccionar, defendernos e fortalecer os nosos valores.

Eu escollín a segunda opción. Porque creo en Occidente, no que fomos, no que somos e no que podemos ser.

E é aquí onde Israel entra na ecuación. Se os principais desafiantes estratéxicos son un Irán nuclear potencial por unha banda, e o yihadismo pola outra, Israel é vital para nós, para as nosas nacións e sociedades.

Israel non é só parte substancial de Occidente, por todo tipo de razóns que non vou comentar agora, Israel é hoxe esencial para nós. Hoxe máis que antes, non só porque está na rexión onde colisionan as placas tectónicas estratéxicas, senón porque é unha das poucas nacións dispostas a pagar un prezo pola súa supervivencia, unha nación tan imbuída dos nosos valores democráticos centrais que defender o Estado de Israel é o mesmo que defender o noso sistema liberal.

Sobre todo nun momento no que o líder histórico de Occidente, Estados Unidos, está atravesando un tempo de introspección, esgotamento, e por que non dicilo, confusión.

Se Estados Unidos continua desvanecéndose como unha forza do ben no mundo, Israel verase na obriga de desempeñar un papel maior na rexión, e posiblemente, máis aló da rexión.

Defender a Israel, en última instancia, é defender as raíces occidentais, os valores occidentais que moitos en Europa, e algúns en Estados unidos, parecen esquecer. Non están obsoletos. E a mellor proba son precisamente Israel e a súa xente.

Deixar que aumente a deslexitimación de Israel paréceme que é a mellor forma de debilitar non só a liberdade de manobra de Israel, senón de prexudicarnos a nós mesmos fronte aos nosos inimigos, que son os mesmos.

É por iso que hai poucos meses embarqueime xunto con algúns amigos persoais nun novo proxecto chamado Friends of Israel Initiative. Ate ao decatarnos por primeira vez que os soldados israelís estaban interceptando a flotilla rumbo a Gaza, e levantarse a protesta pública en contra de Israel, todos cremos que era necesario que alguén alzase a voz e dixese que xa era dabondo, que os discursos sobre-emotivos e a miúdo irracionais sobre Israel sencillamente non eran aceptábeis, e que deberían ser reemplazados pola razón e a decencia.

Provimos de continentes diferentes e de experiencias persoais diversas. E o elemento crave, creo, é que non somos nin israelís nin xudeus (maioritariamente). Sinxelamente somos cidadáns preocupados, demócratas preocupados.

Por que un grupo de xente tan dispar séntese inclinado a defender a Israel, sabendo que automáticamente seremos estigmatizados? A resposta é moi sinxela: porque vivimos nun mundo onde é indispensábel defender os nosos valores morais, a nosa identidade e a nosa fe nas sociedades democráticas, para construír un mundo mellor e máis seguro.

Estamos afeitos a ver en televisión, e ás veces de cerca, os imperativos e as consecuencias de, déixenme chamalo así, as "batallas duras". Pero ao mesmo tempo, e máis aló de conflitos coma o de Afganistán, hai algo máis que está sucedendo, déixenme chamalo unha "batalla branda". Con isto quero dicir un ataque aos nosos valores centrais, a nosa propia forma de vida.

Para todos os membros fundadores de Friends of Israel Initiative, Israel é un país occidental democrático. É, ademais, un país de futuro, un país de grandes oportunidades.

Decidimos comezar a mover a nosa iniciativa porque todos compartiamos unha sensación de urxencia. Nós, como grupo global, creemos que a nosa mellor contribución é reforzar a posición internacional de Israel. Porque moitos chegaran á conclusión de que quizáis Israel era o vínculo máis débil. Que un Israel criticado, co tempo podería pasar a ser un Israel illado; e un Israel illado podería transformarse nun Estado paria. E nese punto, calquera cousa podería ser posíbel.

É por iso que creemos que deter este proceso de erosión dos dereitos de Israel non só é importante, senón vital: desde logo para Israel, pero tamén para todos os países occidentais. Como escribín nun artigo de opinión publicado en The Times hai uns meses, "Se Israel cae, caemos todos".

Déixenme concluír dicindo unha cousa máis.

O noso obxectivo é ser proactivos e construtivos. Aspiramos a abogar por Israel como un país normal, con todas as virtudes e, si, tamén con todos os defectos dunha sociedade democrática normal. Desexamos que nosa defensa sexa sostenible no tempo.

Normalmente, proxéctase unha imaxe de Israel moi negativa. Queremos, e necesitamos, abrir un espazo para debater a propósito de Israel e a rexión dunha forma máis racional.

Levará moito esforzo e tempo, así como diñeiro. Pero creemos que veremos os resultados. As batallas non se vencen simplemente adoptando unha postura puramente defensiva. Tampouco se gañan batallas si simplemente nos centramos na crise concreta dese momento.

Porque o mundo atravesa na actualidade cambios profundos e rápidos que terán consecuencias duraderas para todos nós, non podemos esperar a actuar.

Estivemos en Paris e en Londres, e en dez días organizaremos unha presentación da iniciativa en Washington DC, o corazón da cuestión. É importante que voces europeas, sobre todo non xudías, participen e traian algo de racionalidade ao debate aquí tamén.

Se queremos vencer aos nosos adversarios debemos empezar a fortalecernos, comezando coa fronte ideolóxica e a batalla das ideas. É aí onde podemos e debemos facer a nosa mellor contribución. E coa súa axuda, farémolo”.

Discurso de José María Aznar